Os clubs de lectura son reunións
periódicas dun grupo estable de persoas para comentar unha mesma
lectura, que presta a biblioteca e que len antes da reunión.
-
O período de inscricións nos clubs de lectura da Biblioteca de Pontevedra abrirase o mércores 26 de setembro ás 9.00 h. da mañá
-
A inscrición será presencial no mostrador de recepción da biblioteca (planta baixa)
-
Cada persoa que acuda poderá apuntar nun club a un máximo de dúas persoas (contándose a ela mesma)
-
Só está permitido apuntarse a un único club, pero será posible apuntarse como “reservas” noutro/s clubs
-
Se unha persoa falta a máis de 3 reunións sen xustificación algunha, daráselle de baixa no club
-
Para formar parte do club é preciso contar co carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Para facer a inscrición non é necesario, sí que hai que facelo antes de que empecen as reunións.
-
O nº de prazas por cada club é de 20
********************************************************************
CLUBS DE
LECTURA 2018-2019:
Club de
inglés:
luns alternos a partir do 8 de outubro de 19.00 a 20.00 h.
Club temático
2018-2019 “Voz de muller”*: martes
alternos a partir do 9 de outubro de 19.00 a 20.00 h.
Club de
castelán: todos
os mércores a partir do 10 de outubro de 17.00 a 18.00 h.
Club de
galego: xoves
alternos a partir do día 11 de outubro de 19.00 a 20.00 h.
*********************************************************************
*O
Club temático é unha nova proposta da Biblioteca de Pontevedra que
non xira arredor dunha lingua, senón dun tema determinado. As
lecturas deste club poden ser en galego ou en castelán. O tema
elixido para esta tempada é a literatura escrita por mulleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario