Amosando publicacións coa etiqueta novas tecnoloxías. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novas tecnoloxías. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de febreiro de 2014

Recursos para pais con nenos entres 3 e 6 anos en EDUGAL

XOVES 27 DE FEBREIRO DE 2014. Taller de Recursos para pais con nenos entres 3 e 6 anos

As 17:30 h. no Recinto Ferial de Pontevedra en EDUGAL 2014 : SALÓN DE OFERTA DE FORMACIÓN E EDUCACIÓN, a cargo de IMASV, MEDRANDO A PAR e a colaboración da BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA

A actividades iniciarase cunha breve exposición por parte dun profesional especializado no traballo directo con familias e nenos, expoñendo pautas para un uso axeitado das novas tecnoloxías na infancia.

por outro lado tratarase de facilitar, explicar e amosar o seu uso, cunha relación seleccionada
por temas dos recursos (específicos para PC e para nenos entre 3 e 6 anos) gratuítos dispoñibles na Internet que poden ser de utilidade á hora de educar aos seus fillos.

As temáticas a tratar son: INICIO AO RATO, NÚMEROS, ESCRIBIR, MÚSICA, IDOMAS, RECURSOS PARA PAIS e LIGAZÓNS XERAIS.

Porase un stand facilitado pola Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola" con libros
relacionados coas temáticas anteriores, que poden axudar a reforzar o que se fai na web.

Darase tamén información, por parte dun técnico da biblioteca, nocións de como facerse socio da Biblioteca e utilizar os seus recursos.

Realizarase unha actividade onde a asociación MEDRANDO A PAR aplicará unha das temáticas entre os pais e fillos asistentes.

Para os pais a mellor maneira de controlar o que os fillos fan na web, é darlle pautas e opcións útiles e atractivas, coas que non só ocupan o tempo de uso informático, senón que reforzan e axudan a ampliar os seus coñecementos.

Este uso de internet debe acompañarse da educación con libros e con actividades físicas entre pais e fillos.

Anímate e participa!

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...