XOVES 27 DE FEBREIRO DE 2014. Taller de Recursos para pais con nenos entres 3 e 6 anos
As 17:30 h. no Recinto Ferial de Pontevedra en EDUGAL 2014 : SALÓN DE OFERTA DE FORMACIÓN E EDUCACIÓN, a cargo de IMASV, MEDRANDO A PAR e a colaboración da BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA
A actividades iniciarase cunha breve exposición por parte dun profesional especializado no traballo directo con familias e nenos, expoñendo pautas para un uso axeitado das novas tecnoloxías na infancia.
por outro lado tratarase de facilitar, explicar e amosar o seu uso, cunha relación seleccionada
por temas dos recursos (específicos para PC e para nenos entre 3 e 6 anos) gratuítos dispoñibles na Internet que poden ser de utilidade á hora de educar aos seus fillos.
As temáticas a tratar son: INICIO AO RATO, NÚMEROS, ESCRIBIR, MÚSICA, IDOMAS, RECURSOS PARA PAIS e LIGAZÓNS XERAIS.
Porase un stand facilitado pola Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola" con libros
relacionados coas temáticas anteriores, que poden axudar a reforzar o que se fai na web.
Darase tamén información, por parte dun técnico da biblioteca, nocións de como facerse socio da Biblioteca e utilizar os seus recursos.
Realizarase unha actividade onde a asociación MEDRANDO A PAR aplicará unha das temáticas entre os pais e fillos asistentes.
Este uso de internet debe acompañarse da educación con libros e con actividades físicas entre pais e fillos.
Anímate e participa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario