A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha unha nova etapa dos clubs de lectura (Marzo - Xuño de 2014)
Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, GALEGO, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.
- Club de lectura en Galego (martes alternos de 18:00 h a 19:00 h) Coordinadora: Patricia Saavedra. Datas: 11 e 25 de marzo; 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio; 3 e 17 de xuño.
- Club de lectura en Portugués (luns alternos de 18:00 a 19:00 h) Coordinadora: Marta Isabela Bogado. Datas: 10 e 24 de marzo; 7 e 21 de abril; 5 e 19 de maio; 2 e 16 de xuño.
- Club de lectura en Inglés (martes de 19:45 h a 20:45 h.) Coordinador: Victor Machín. Datas: 11 e 25 de marzo; 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio; 3 e 17 de xuño.
- Club de lectura en Castellano (mércores de 17:00 a 18:00 h) Coordinador: Santiago Eizaguirre. Datas: Todos os mércores dende o 12 de marzo ao 25 de xuño.
INSCRICIÓNS A PARTIR DO 20 DE FEBREIRO
- En horario de 9 a 14 h. directamente na biblioteca (4ª planta)
- No telefono 986 85 08 38 en horario de 9 a 14 h.
- Enviando un correo electrónico a biblio.publica.pontevedra@xunta.es e poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse.
No correo incluír tamén os seguintes datos:
-telefono de contacto e
-nº de lector se xa es usuario/a da biblioteca. Se non é usuario terá que solicitar o carné.
Ningún comentario:
Publicar un comentario