domingo, 23 de febreiro de 2014

Actividades Biblioteca Pública de Pontevedra. Marzo 2014. Infantil.




7 de marzo, venres: "En Macondo non paraba de chover" Contos + debuxo, a cargo de Polo Correo do Vento

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo














Obradoiro de animación a lectura. Descubre o Tesodo dos Contos. 2º e 4º sábado dos meses de febfreiro, marzo e aril, de 12 a 13 h.  Este mes os días 8 e 22 de marzo

Apetéceche que che conten un conto? 


Neste mapa poderás atopar os contos da terras dos sentimentos, os contos da terra do río e do movemento, colinas escondidas da poesía, ou, incluso os  contos  das leiras e  montaña das matemáticas e maila arte... que agardan agochados na vosa biblioteca, atrévete a descubrilos e xuntos completaremolo mapa dos contos, deses que nunca che contaron...

Se tés entre 6 a 9 anos, embarcate con nós, comezamos no mes de febreiro ata o més de abril  o 2º e  4º sábados de cada mes: 8 e 22 de febreiro, 8 e 22 de marzo e 12 e 26 de abril.

Datas: 8 e 22 de marzo
Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra.


14 de marzo, venres: Obradoiro de banda deseñada (Cómic) “Cóñecete a través dos cadriños”, a cargo de Xosé Tomás.

Sinopse: Coñécete a través da banda deseñada: crea personaxes baseados na túa realidade. Inventa guións sobre a túa vida, e vive a túa propia historia entre cadriños

Público destinatario: Nen@s a partir de 12 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:00 a 19:30

Con inscrición previa, a partir do 3 de marzo, luns,  no correo electrónico:
biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (15 prazas)

Entrada de balde




21 de marzo, venres: Contos para bebés “Os contos de chupete”, a cargo de Migallas (Especial Día Internacional da Poesía, 21 de marzo)

Sinopse:  Sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán escoitar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.





Público destinatario: Bebés (0-3 anos)
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00

Con inscripción e recollida de invitacións

As inscricións a partir do 10 de marzo, luns, no correo electrónico: 
biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h.
As invitaciones recolleranse na terceira planta polas mañanás (De 9:00 a 16:00) ou na infantil, polas tardes (De 16:00 a 21:00) e sábados (De 10:00 a 14:00)

25 bebés cun adulto. Entrada de balde


28 de marzo, venres:  Sesión de contos: “Conto contigo”, a cargo de Expresión Produccións -Manuel Solla Barragáns. Especial Día Mundial do Teatro, 27 de marzo


Sinopse:  Espectáculo de animación á lectura con contacontos, monicreques e maxia; interectivo, dinámico e moi divertido. Ademáis de contos, trabalinguas, cancións, concursos etc.

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo



Centros de interese

- Do 24 de febreiro ao 10 de marzo: "Un Entroido cheo de libros"Disfraces, filloas, orellas, Ravachol... e porqué non, "libros". E con eses libros chega o Entroido á Biblioteca. Centro de interese na sala infnatil (1º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra.
Interesante selección de libros no centro de interese "Un Entroido cheo de libros" que podes ler e levar en préstamo na sala infantil da Biblioteca Pública de Pontevedra

- Do 15 de marzo ao 5 de abril "Cociñando contos". Centro de interés con motivo do XV Salón do Libro Infantil e  Xuvenil de Pontevedra. Do 15 de marzo ao 5 de abril  na sala infantil (1º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra.


Novembro 2013 - Maio  2014: "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares"



                                  "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura"


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...