¿Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2014”? É unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.
¿Que teño que facer? Ler catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2014”, que contén unha selección de obras de/ou sobre autores homenaxeados nas diferentes edicións do día das letras galegas.¿Canto dura a actividade? Dende o 1 de febreiro ata o 15 de maio.
¿Que fago cando complete o "pasaporte"? Unha vez completado pasaporte cos selos correspondentes, depositaránse na furna situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maio ás 12:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos.
¿Cantos pasaportes podo completar?
Non hai número limitado de pasaportes.
¿Ler ten premio?
Sí, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.
Os venres do 7,
14, 21 y 28 de marzo de 19:00 a 20:00 h. "Tardes de conversación en
español para extranjeros=Tardes de conversa en español para extranxeiros"
na Biblioteca Pública de Pontevedra. Sala de obradoiros.
14 de marzo, venres: Obradoiro de banda deseñada (Cómic) “Coñécete a través dos cadriños”, a cargo de Xosé Tomás.
Sinopse: Coñécete a través da banda deseñada: crea personaxes baseados na túa realidade. Inventa guións sobre a túa vida, e vive a túa propia historia entre cadriños
Público destinatario: Xuvenil, a partir de 12 anos.
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:00 a 19:30
Con inscrición previa, a partir do 3 de marzo, luns, no correo electrónico:
biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (15 prazas)
Entrada de balde
Mesa Redonda
"Tour Pequeños Editores. Primavera 2014".
Cociña, ratos, cultura e emocións nos álbumes ilustrados.
Mesa redonda organizada por LIBRARÍA SEIJAS cos editores "A Bueno Paso", "Ekaré" e "Thule".
Un aperitivo do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra adicado á cociña nos libros.
Data: 4 de marzo, ás 18:30 h.
Lugar: Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra
Centros de Interese
- "Todos os días son 8 de marzo. 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Na sala de préstamo (2º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra. Do 3 o 20 de marzo. Interesante selección de literatura, ensaios, música y películas con la muller como protagonista.
En 1975 la ONU comezó a celebrar o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller. En diciembro de 1977, dos años máis tarde, a Asamblea Xeral de la ONU proclamó o 8 de marzo comoo Día Internacional por los Dereitos da Muller e a Paz Internacional.
O tema do Día Internacional da Muller 2014, é "Igualdade para as mulleres: progreso para tod@s".
- Faino ti!.Na sala de préstamo (2º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra. Do 21 de febreiro ao 10 de marzo.
Selección de libros e outros materiais de bricolaxe,
artesanía, labores, etc moi útiles se tes problemas para arranxar un enchufe ou a
billa que gotea, queres aprender a calcetar, facer gancho no teu tempo libre, modificar un
antigo moble, facer
arranxos na túa roupa...,.Aquí poderás consultar e
levar en préstamo unha ampla selección de libros e DVD sobre estes temas e
moitos máis.
- Día 26 de marzo as 18:00, charla/obradoiro na sala de obradoiros: "Como pintar a nosa casa, primeiros pasos", a cargo de Fernando Dobarro
- Día 27 de marzo as 18:00, charla/obradoiro na sala de obradoiros: "Fofuchas ou como facer bonecas con goma eva", a cargo de Andrea Trepat
- Día 28 de marzo as 18:00, charla/obradoiro na sala de obradoiros: "Aproximación divertida e didáctica ao noso patrimonio arqueolóxico a través da artesanía", acargo María Martín (Lerole)
- Día 31 de marzo as 18:00, charla-obradoiro na sala de obradoiros: "Electricidade, os meus primeiros pasos no fogar", a cargo de Anxo Telmo
- Día 1 de abril as 18:00, charla/obradoiro na sala de obradoiros: "Iniciación ao Patchwork", a cargo de Beatriz Feijoo
Exposicións
Do 23 de marzo ao 14 de abril: "Xosé María Díaz Castro. Nimbos de Luz". Letras Galegas 2014.
Exposición Promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con Galaxia/Merlín Comunicación, Nimbos de luz percorrerá Galicia ao longo de 2014 para dar a coñecer a vida e a obra de Díaz Castro.
A exposición está comisariada por Alfonso Blanco Torrado, Luís González Tosar e Armando Requeixo, estudosos da obra do autor lugués. Dun xeito divulgativo, para todos os públicos, preséntase o percorrido vital que o levou de Guitiriz a Mondoñedo, pasando por Vilagarcía de Arousa e
Madrid.
-14 paneis temáticos
- Multimedia con auriculares, co documental "O instante eterno"
- Vitrinas con obxectos persoas e mostras bibliográficas
- Folletos co resumo do contido da exposición
Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 21 horas, sábados de 10 a 14 h.
Marzo-xuño de 2014: Clubs de lectura Castelán, Galego, Inglés e Portugués
Clubs de Lectura
- Club de lectura en Galego (martes alternos de 18:00 h a 19:00 h) Coordinadora: Patricia Saavedra. Datas: 11 e 25 de marzo; 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio; 3 e 17 de xuño.
- Club de lectura en Portugués (luns alternos de 18:00 a 19:00 h) Coordinadora: Marta Isabela Bogado. Datas: 10 e 24 de marzo; 7 e 21 de abril; 5 e 19 de maio; 2 e 16 de xuño.
- Club de lectura en Inglés (martes de 19:45 h a 20:45 h.) Coordinador: Victor Machín. Datas: 11 e 25 de marzo; 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio; 3 e 17 de xuño.
- Club de lectura en Castellano (mércores de 17:00 a 18:00 h) Coordinador: Santiago Eizaguirre. Datas: Todos os mércores dende o 12 de marzo ao 25 de xuño.
Novembro 2013 - maio 2014: "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares"
"Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura"
Durante todo o ano: Visitas á Biblioteca, previa concertación de cita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario