Amosando publicacións coa etiqueta adultos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta adultos. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de setembro de 2015

CLUBS DE LECTURA 2015-2016




Como todos os anos, a Biblioteca pública pon en marcha os “Clubs de Lectura” que darán comezo o mes de outubro de 2015 e rematarán no mes de xuño do 2016.

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.

Se non e usuario terá que solicitar o carné.

- CLUB DE LECTURA EN GALEGO: MARTES alternos, de 18:00 a 19:00 h. (20 prazas), a partir do 6 de outubro. Coordinadora: Patricia Saavedra.
- CLUB DE LECTURA EN PORTUGUÉS: LUNS alternos, de 18:00 a 19:00 h. (15 prazas) a partir do 5 de outubro. Coordinadora: Marta Isabela Mora Bogado.
- CLUB DE LECTURA EN INGLÉS: MARTES alternos, de 19:45 a 20:45 h. (20 prazas) a partir do 6 de outubro. Coordinador: Víctor Machín.
- CLUB DE LECTURA EN CASTELÁN: Todos os MÉRCORES, de 17:00 a 18:00 h. (20 prazas), a partir do 7 de outubro. Coordinador: Santiago Eizaguirre.

RESERVAS: 10 por cada club.

PRAZO DE INSCRICIÓN:  Do 14 de setembro  ao 25 de setembro (salvo que queden prazas sen cubrir).

FORMAS DE INSCRICION:

  • Na Biblioteca de 9:00 h. a 21:00 h.  
  • Por teléfono de 9:00 h. a 14:00 h. 
  • Por correo electrónico no seguinte enderezo:

biblio.publica.pontevedra@xunta.es, poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos: Nome e apelidos, teléfono de contacto e nº de lector se xa é usuario da biblioteca.

A Biblioteca confirmaralle a súa inscrición pola mesma vía pola que se inscribiu (salvo se é presencial que se avisaría por teléfono ou correo eléctrónico).

A inscrición é gratuíta.

*O criterio para a selección de asistentes nos Clubs de Lectura será por orde de chegada (día/hora).

*Só se aceptarán as solicitudes entregadas a partir da data de apertura do prazo. Non se admitirá ningunha solicitude enviada antes das 9:00 h. do día 14 de setembro, data de inicio das inscricións.

*Pódese inscribir cada usuario nun só club de lectura a excepción de que queden prazas sen cubrir. 

sábado, 5 de setembro de 2015

PRESENTACIÓN DEL CURSO FILOSOFÍA I, Prof. Domingos Amton García Fernandes

PRESENTACIÓN DEL CURSO FILOSOFÍA I

A filosofía é un saber de segundo grao, que se apoia en saberes de primeiro grao (de modo especial os científicos), dialéctico (traballa con contradicións e inconmensurabilidades), mundano, totalizador (globalizador, holístico, interdisciplinario e non parcelado, mais sen pretensión de ser omniabarcante), teórico e práctico,desenmascarador de ídolos, quebrantador de mitos e ideoloxías, non legalizador do caos. En poucas palabras: un saber integral e non contemporizador co establecido.

Entre os suxeitos a dilucidar: o tránsito das especulacións míticas ás explicacións racionais, lóxicas; os enganos, mentiras, ocultacións, simulacións, doxas, ideoloxías, na caverna de Platón e na nosa; as trampas na argumentación, as falacias máis frecuentes; o home: de animal a fabricación de deuses, ou mellor, dun Deus, o mercado; de corpo e cultura, unha crítica docerebrocentrismo; o pensamento de Karl Marx: alienación, loita de clases, crítica da economía política liberal, o fetichismo da mercadoría e que hai de vixente hoxe na súa teoría; unha contribución á crítica dos nacionalismos: os marcadores identitariose a denuncia das igualacións ficticias; os dereitos humanos como disfrace do capitalismo; diversas teorías antropolóxicas e filosóficas da relixión; os múltiples, ou non tanto, comportamentos morais, que son analizados como inmorais dende a óptica da ética; cuestionar o privado e o público dende a perspectiva do común; considerar se existe realmente a esquerda.

mércores, 3 de decembro de 2014

Actividades Biblitoeca Pública de Pontevedra. Decembro 2014- ADULTOS.






Exposición:" Xogos Populares" a cargo da Concellería de Xuventuda do Concello do Grove   
  
Nesta mostra poderemos ver máis de 40 xogos, e vai ser unha exposición na que se poderá xogar con varios dos xogos. Moitos deles están relacionados ou proceden de Pontevedra. Tamén estarán expostos os máis de 20 libros de xogos populares e tradicionais galegos da organización, e outros xogos, libros e fotografís que forman parte dos fondos da propia Biblioteca. 

Público destinatario: Todos     
Datas:  do 9 de decembro de 2014  ao  8 de xaneiro de 2015   
Lugar: Sala de Exposiciones      










Conferencia: "Os menores ante as novas tecnoloxias", a cargo de José E. Torres Meira 

Conferencia impartida por un membro do  Equipo de Investigación de delitos Tecnolóxicos da garda Civil e que versará sobre os perigos e bo uso da Internet e das rede sociais  

Público destinatario: Todos
Datas: 17/12/2014 as 19:00
Lugar: Sala de obradoiros de la BPP    

Conferencia"A Tecnoloxía e o desenvolvemento na infancia "  

Conferencia: "Ordenadores, TV e videoxogos ¿Facilitan a educación dos nosos nenos?", a cargo da psicoterapeuta Marié de Uña

TPublic destinatario: Adultos
Fechas: pendiente
Sala de obradoiros de la BPP

CLUB DE LECTURA EN GALEGO a cargo de Patricia Saavedra. Organizador por la BPP
Datas: 2 y 16 de  decembro de  18:00 a 19:00 h.
Lugar: Sala Club de Lectura.

CLUB DE LECTURA EN PORTUGUÉS a cargo de Marta Isabela Mora. Organizador por la BPP
Datas: 1 e 15  de  decembro de 18:00 a 19:00
Lugar: Sala Club de Lectura

CLUB DE LECTURA EN INGLÉS a cargo de Victor Machín. Organizador por la BPP
Datas: 2 y 16 de  decembro de 19:45 a 20:45 h.
Lugar: Sala Club de Lectura

CLUB DE LECTURA EN CASTELÁN  a cargo Santiago Eizagirre. Organizador por la BPP
Datas: 3, 10 e 17 de  decembro de  17:00 a 18:00 h.
Lugar: Sala Club de Lectura

CLUB DE LECTURA EN FRANCÉS organizado y a cargo de Dominique Fournier
Datas: 4, 11 e 18 de  decembro de  17:00 a 18:00 h.
Lugar: Sala Club de Lectura

Xoves  de novembro. Curso de Filosofía: “Aproximación á Filosofía”,  a cargo do profesor Domingos Antom García Fernandes

Actividade convocada pola  Biblioteca Pública de Pontevedra dentro do programa de Voluntariado Cultural da Xunta de Galicia.
Datas Grupo I: 4 e 11 de Decembro: Monismos e Dualismos diante do problema do Cerebro
Datas grupo II; 18 e 12 de Decembro: Poñer en causa o humanismo

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra
Horario: 19’00 – 20'45 (todos  os xoves dende o 9 de outubro ata o 19 de xuño

"Tardes de conversación en españon para extrajeros=Tardes de conversa en español para extanxeiros". 

Actividade convocada pola  Biblioteca Pública de Pontevedra dentro do programa de Voluntariado Cultural da Xunta de Galicia.




Para familiarizarte coa lingua e a cultura española dun xeito ameno e divertido, podes participar nas nosas "Tardes de conversación en español para extranjeros=Tardes de conversa en español para extranxeiros" enfocadas cara á comunicación cotiá para desenvolverse na vida diaria e coordinadas pola nosa voluntaria Beatriz Araujo.



Datas: venres 12 de decembro de 19:45 a 20:45

Lugar: Sala de obradoiros








Visitas guiadas e formación de usuarios 

luns, 31 de marzo de 2014

Actividades abril 2014. Biblioteca Púbica de Pontevedra. Adultos.

*Animación a Lectura

"Pasaporte da lectura das letras galegas". Do 1 de febrero ata o 15 de maio
Unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

Lectura de alomenos catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2014”, que contén unha selección de obras de/ou sobre autores homenaxeados nas diferentes edicións do día das letras galegas. Unha vez completado o pasaporte cos  selos correspondentes, depositaránse na furna situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maio ás 12:00 farase un sorteo público de tres lotes de libros entre os pasaportes recibidos. 

Os venres do 4, 11, 18 e 25 de abril de 19:44 a 20:45 h. "Tardes de conversación en español para extranjeros=Tardes de conversa en español para extranxeiros" na Biblioteca Pública de Pontevedra. Sala de obradoiros. 


*Efemérides: Día do Libro

-Día 23 de abril: Agasallarase os usuarios que leven libros en préstamo cun pequeno detalle

-Día25 de abril: ¿Debo contarle contos o meu fillo? Cales?, conferencia a cargo de Marié de Uña( Psicóloga Psicoterapeuta). Sala de obradoiros as 19:00 h.


*Centros de Interese

-Faino ti!. Ata o 19 de abril. Sala de préstamo (2º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra.

-Xardineria: 11 abril-2 maio. Sala de préstamo (2º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra.


-Filosofia e revolución: 21 abril-27 abril. Sala de préstamo (2º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra.


*Presenza da Biblioteca nos actos culturais da cidade

-XXXI Semana Galega de Filosofía : Filosofía e Revolución. Pontevedra do 21 ao 25 de abril de 2014.

A biblioteca participará na XXXI Semana Galega da Filosfía cun stand no que se presentarán algúns dos seus fondos de filosofía. Teatro Principal do 21 ao 25 de abril de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 21:00.


*Conferencias/Obradoiros

-Día 1 de abril. Charla/obradoiro : "Iniciación ao Patchwork", a cargo de Beatriz Feijoo. Sala de obradoiros as 18:00 h.

-Día 24 de abril. Obradoiro na sala de obradoiros: “Qué no te tomen el pelo con teléfono!". Cómo reclamar cuando tenemos un problema con las operadoras de telefonía”,  obradoiro a cardo de ADICAE. Sala de obradoiros as 18:00 h.

Día25 de abril: Debo contarlle contos ao meu fillo? Cales?", conferencia a cargo de Marié de Uña (Psicóloga Psicoterapeuta). Sala de obradoiros as 19:00 h



*Exposicións
      
Do 26 de marzo ao 14 de abril: "Xosé María Díaz Castro. Nimbos de Luz"Letras Galegas 2014.
Exposición Promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con Galaxia/Merlín Comunicación, Nimbos de luz percorrerá Galicia ao longo de 2014 para dar a coñecer a vida e a obra de Díaz Castro.

Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 21 h., sábados de 10 a 14 h.

Marzo-xuño de 2014: Clubs de lectura Castelán, Galego, Inglés e Portugués

- Club de lectura en Galego (martes alternos de 18:00 h a 19:00 h). Coordina Patricia Saavedra. Datas: 8 e 22 de abril.

 - Club de lectura en Portugués  (luns alternos de 18:00 a 19:00 h). Coordina Marta Isabela Bogado. Datas: 7 e 21 de abril.   
  
- Club de lectura en Inglés (martes de 19:45 h a 20:45 h.). Coordina Victor Machín. Datas: 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio.

 - Club de lectura en Castellano (mércores de 17:00 a 18:00 h). Coordina Santiago Eizaguirre. Datas: Todos os mércores.

Novembro 2013 - maio  2014: "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares"

                                
Durante todo o ano: Visitas á Biblioteca, previa concertación de cita.


martes, 14 de xaneiro de 2014

Obradoiro para adultos: Iniciación á informática “SÍNTETE CÓMODO CO PC”


Datas: marte e xoves 4, 6 11 y 13 de febrero de 2014. de 18:00 a 19:30 h.
Duración 90 mn.
Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra


Obradoiro para adultos
Con inscripción previa, a partir do 20 de xaneiro no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (12 plazas)



Programa das sesións:

UNIDADE DIDÁCTICA 1: INTRODUCIÓN AO ORDENADOR

1. PRESENTACIÓN E EXPLICACIÓN DAS PARTES DUN ORDENADOR
Que utilidade ten?
Que compoñentes ten un ordenador?
Como podo empezar a usar un ordenador?
O sistema operativo

2. COÑECEMENTO E MANEXO DO TECLADO

3. COÑECEMENTO E MANEXO DO RATON

4. AS ICONAS E OS BOTÓNS
Que é unha Icona?
Que é un Botón?

5. AS VENTÁS

Que é unha ventá?
Estrutura das ventás
Traballar cunha ventá

6. DISCOS, CARPETAS E ARQUIVOS

¿Que son?
As Carpetas
Os Arquivos

7. O EXPLORADOR DE WINDOWS

¿Que É?
A ventá do Explorador
Cambiar as vistas do Explorador

8. O ESCRITORIO DE WINDOWS

¿Que É?
Barra de Tarefas
A zona de accesos directos

9. BUSCAR ARQUIVOS E CARPETAS

Buscar

UNIDADE DIDÁCTICA 2: INTERNET

1. PRESENTACIÓN E EXPLICACIÓN DA REDE INTERNET

¿Que é Internet?
¿Que necesitamos para acceder a Internet?
Existen diferentes formas de acceder a Internet a través dun provedor
Internet e comunicacións
Que cousas podo facer con Internet?

2. NAVEGACIÓN EN INTERNET

3. VISITA A PÁXINAS: ESCRIBIR DIRECCIÓNS NA BARRA E EXERCICIOS DE VISITA A PÁXINAS

As direccións Web

4. BUSCADORES DE INTERNET

5. PRESENTACIÓN DE DIVERSOS BUSCADORES

6. BUSCAS SINXELAS


UNIDADE DIDÁCTICA 3: CORREO WEB

1. CONCEPTOS BÁSICOS

2. CREACIÓN DUNHA CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO

3. ESTRUTURA BÁSICA DUN CORREO ELECTRÓNICO

4. ENVIO E RECEPCIÓN DE MENSAXES

5. ACHEGAR UN DOCUMENTO

6. VISITA Á WEB DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS


UNIDADE DIDÁCTICA 4: TRATAMENTO DE TEXTOS E FOLLA DE CÁLCULO


TRATAMENTO DE TEXTO

1. PRIMEIROS PASOS

2. INTRODUCIR TEXTO

  • Editar texto
  • Corrixir texto
  • Seleccionar texto
  • Accións en documento e texto, barra estándar
  • Detalle: cortar, copiar e pegar
  • Traballar co texto: copiar un texto
  • Detalle do botón debuxo
  • Modificar o texto; barra de formato
  • Máis opcións de formato
  • Detalle aliñación texto

3. INSERIR IMAXES E MODIFICAR O SEU TAMAÑO

  • Inserir un debuxo
  • Cadros de texto ou imaxe

FOLLA DE CÁLCULO

1. PRIMEIROS PASOS

2. LIBROS E FOLLAS

3. REALIZAR OPERACIÓNS SINXELAS

  • Realizar operacións numéricas
  • Compoñentes das funcións
  • Sumas en filas e columnas
  • Sumar
  • Multiplicar, dividir e potencias
  • Orde na que se efectúan as operacións matemáticas

4. GARDAR OS ARQUIVOS E RECUPERALOS

  • Gardar
  • Recuperar ficheiros que temos gardados 

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...