luns, 31 de marzo de 2014

Actividades abril 2014. Biblioteca Púbica de Pontevedra. Adultos.

*Animación a Lectura

"Pasaporte da lectura das letras galegas". Do 1 de febrero ata o 15 de maio
Unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

Lectura de alomenos catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2014”, que contén unha selección de obras de/ou sobre autores homenaxeados nas diferentes edicións do día das letras galegas. Unha vez completado o pasaporte cos  selos correspondentes, depositaránse na furna situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maio ás 12:00 farase un sorteo público de tres lotes de libros entre os pasaportes recibidos. 

Os venres do 4, 11, 18 e 25 de abril de 19:44 a 20:45 h. "Tardes de conversación en español para extranjeros=Tardes de conversa en español para extranxeiros" na Biblioteca Pública de Pontevedra. Sala de obradoiros. 


*Efemérides: Día do Libro

-Día 23 de abril: Agasallarase os usuarios que leven libros en préstamo cun pequeno detalle

-Día25 de abril: ¿Debo contarle contos o meu fillo? Cales?, conferencia a cargo de Marié de Uña( Psicóloga Psicoterapeuta). Sala de obradoiros as 19:00 h.


*Centros de Interese

-Faino ti!. Ata o 19 de abril. Sala de préstamo (2º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra.

-Xardineria: 11 abril-2 maio. Sala de préstamo (2º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra.


-Filosofia e revolución: 21 abril-27 abril. Sala de préstamo (2º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra.


*Presenza da Biblioteca nos actos culturais da cidade

-XXXI Semana Galega de Filosofía : Filosofía e Revolución. Pontevedra do 21 ao 25 de abril de 2014.

A biblioteca participará na XXXI Semana Galega da Filosfía cun stand no que se presentarán algúns dos seus fondos de filosofía. Teatro Principal do 21 ao 25 de abril de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 21:00.


*Conferencias/Obradoiros

-Día 1 de abril. Charla/obradoiro : "Iniciación ao Patchwork", a cargo de Beatriz Feijoo. Sala de obradoiros as 18:00 h.

-Día 24 de abril. Obradoiro na sala de obradoiros: “Qué no te tomen el pelo con teléfono!". Cómo reclamar cuando tenemos un problema con las operadoras de telefonía”,  obradoiro a cardo de ADICAE. Sala de obradoiros as 18:00 h.

Día25 de abril: Debo contarlle contos ao meu fillo? Cales?", conferencia a cargo de Marié de Uña (Psicóloga Psicoterapeuta). Sala de obradoiros as 19:00 h



*Exposicións
      
Do 26 de marzo ao 14 de abril: "Xosé María Díaz Castro. Nimbos de Luz"Letras Galegas 2014.
Exposición Promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con Galaxia/Merlín Comunicación, Nimbos de luz percorrerá Galicia ao longo de 2014 para dar a coñecer a vida e a obra de Díaz Castro.

Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 21 h., sábados de 10 a 14 h.

Marzo-xuño de 2014: Clubs de lectura Castelán, Galego, Inglés e Portugués

- Club de lectura en Galego (martes alternos de 18:00 h a 19:00 h). Coordina Patricia Saavedra. Datas: 8 e 22 de abril.

 - Club de lectura en Portugués  (luns alternos de 18:00 a 19:00 h). Coordina Marta Isabela Bogado. Datas: 7 e 21 de abril.   
  
- Club de lectura en Inglés (martes de 19:45 h a 20:45 h.). Coordina Victor Machín. Datas: 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio.

 - Club de lectura en Castellano (mércores de 17:00 a 18:00 h). Coordina Santiago Eizaguirre. Datas: Todos os mércores.

Novembro 2013 - maio  2014: "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares"

                                
Durante todo o ano: Visitas á Biblioteca, previa concertación de cita.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...