mércores, 26 de marzo de 2014

"Xosé María Díaz Castro. Nimbos de Luz". Letras Galegas 2014. Exposición

Do 26 de marzo ao 14 de abril: "Xosé María Díaz Castro. Nimbos de Luz". Letras Galegas 2014.
Exposición Promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con Galaxia/Merlín Comunicación, Nimbos de luz percorrerá Galicia ao longo de 2014 para dar a coñecer a vida e a obra de Díaz Castro.



A exposición está comisariada por Alfonso Blanco Torrado, Luís González Tosar e Armando Requeixo, estudosos da obra do autor lugués. Dun xeito divulgativo, para todos os públicos, preséntase o percorrido vital que o levou de Guitiriz a Mondoñedo, pasando por Vilagarcía de Arousa e 
Madrid.

-14 paneis temáticos
- Multimedia con auriculares, co documental "O instante eterno"
- Vitrinas con obxectos persoas e  mostras bibliográficas
- Folletos co resumo do contido da exposición

Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 21 horas, sábados de 10 a 14 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...