Amosando publicacións coa etiqueta certámentes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta certámentes. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de outubro de 2016

24 de outubro Día da Biblioteca

Programación conmemorativa do Día da Biblioteca (24 de outubro)Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

DÍA
HORA
TÍTULO ACTIVIDADE
CONTIDO. EN QUE CONSISTE?
DESTINATARIOS
QUEN IMPARTE?
OUTROS DATOS (inscrición previa etc.)
21



18:00
“Paxariños”





Sesión de contos na sala de obradoiros da biblioteca
Nen@s a partir de 3 anos
Trinketrinke Teatro
Entrada de balde ata completar aforo
24




De 9:00 a 21:00 h.
Regalo de marcapáxinas e guía de lectura





Con cada préstamo  un marcapáxinas de regalo polo Día da Biblioteca
Público adulto e infantil
Biblioteca Pública

Do 17 ao 31 de outubro





Centro de interese “Os ratos contan...historias de bibliotecas”





Selección de títulos de literatura infantil relacionados co libro, a lectura e as bibliotecas
Pública adulto e infantil
Biblioteca Pública
Na sala infantil








24




19:00 h.
Entrega de premios aos gañadores do III Concurso de Relato Breve







Resolución e entrega de premios dos traballos  presentados dende o 1 de setembro ata o 8 de otubro ao III Concurso de Relato Breve convocado pola Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Público adulto
Biblioteca Pública

24




De 9:00 a 21:00 h.
Xornada de portas abertas








Público adulto e infantil
Biblioteca Pública


















mércores, 3 de setembro de 2014

I Concurso de Relato Breve 

Convoca: Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola"



Bases da convocatoria

Tema:

O mundo do libro en todas as súas vertentes.

Obxectivo:

O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.

Participantes:

Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 14 anos.

Criterios de valoración:
  • ·     Orixinalidade no tratamento da temática proposta e no emprego de técnicas e figuras literarias.
  • ·     Uso correcto da gramática e da ortografía.
Condicións de presentación das obras:
  • Cada participante poderá presentar un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.)
  • A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1,5.
Os traballos poderán presentarse dun dos seguintes xeitos:
  • ·    Depositándoos no lugar habilitado no mostrador de préstamo do segundo andar da Biblioteca. O relato presentarase sen asinar e cun pseudónimo, introducirase nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir "I Concurso de Relato Breve da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo" e no seu interior, ademais da obra, incluirá outro sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI e correo electrónico).

  • ·    Enviándoos á Biblioteca por correo ordinario nun sobre sen remitente no que conste "I Concurso de Relato Breve da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo". Nel incluirase o relato breve e outro sobre pechado cos datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI e correo electrónico).
Prazo:

O prazo de presentación vai dende o día 1 de setembro ata o 4 de outubro.

Premios:
  •  1º premio: lote de libros.
  •  2º premio: lote de libros.  
  •  3º premio: lote de libros.
Ademais os tres traballos serán difundidos na rede a través da biblioteca.

Xurado:
  • Presidenta: A Directora da biblioteca.
  • Vogais: un técnico da biblioteca e un profesional da literatura o do mundo libreiro.
  • Secretario: un usuari@ da biblioteca.
Resolución e entrega de premios:

A resolución do xurado farase pública o mércores 24 de outubro, día das bibliotecas. A lista cos premiados será exposta no taboleiro de anuncios da segunda planta na Biblioteca e a través da páxina web da biblioteca. Ademais, comunicaráselles ós gañadores.

Os traballos gañadores (e, no seu caso, aqueles que o xurado considere máis interesantes de entre os non premiados) poderán ser expostos na Biblioteca e en diferentes canais da Biblioteca en Internet.

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...