luns, 30 de marzo de 2020

Un anaco de pastel


O cine non é un anaco de vida senón un anaco de pastel”(Alfred Hitchcock). Pode que os pasteis non sexan o máis saudable, nen os debamos comer a cotío pero quén se pode resistir de cando en vez a un bo pedazo de torta?. No cine ocorre o mesmo. Hai películas que non van pasar á historia  como obras mestras, non son as mellores dos seus directores nin dos seus actores, nin van elevar o noso nivel cultural, pero son ese tipo de películas que nos provocan unha sensación tan pracenteira como tomar o noso doce favorito. Ahí vai unha selección de cinco filmes para sorrir, rir as gargalladas, emocionarse, e ver acompañadas, como non, dun pastel.


Café irlandés : Barrio obreiro dunha cidade irlandesa dos anos 80. A familia Curley ten que facer frente a unha nova inesperada … a filla maior está embarazada, pero nin sequera ten noivo. Quén será o pai?. Sinxela, descarada, entrañable e tremendamente divertida.




Frankie & Johnny: Un restaurante grego un ex-presidiario convertido en cociñeiro, unha camareira triste e desencantada. Persoas correntes que dan vida a unha doce historia de amor. Chea de tenrura e romanticismo, quen non a elexiría para unha tarde de sofá?




Airbag: Un grupo de amigos organiza unha despedida de solteiro que traerá insospeitadas consecuencias ...Narcos galegos e portugueses, Gardas civís, clubes de alterne e os mais dispares personaxes poblan esta comedia gamberra, desmadrada e políticamente incorrecta na que rirás de principio a fin.






Quiero ser como Beckham: Jess e Jules habitan na mesma cidade inda que en mundos moi distintos pero ambas teñen algo en común : a súa paixón por o fútbol. Bonita historia de superación e amizade que a pesares de tratar temas como o racismo e a homofobia o fai con un tono de humor e desprendendo alegría.





Días de radio: Toda unha homenaxe a época dorada da radio.Da man dunha marabillosa banda sonora coñeceremos as pequenas historias dunha peculiar e humilde familia xudía de Nova York. Poética, melancólica, evocadora, fai da nostalxia todo un arte.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...