Aquilino
Iglesia Alvariño foi un poeta, crítico e tradutor de obras
grecolatinas galego. Naceu en Seivade (Lugo) en 1909 e morreu en
Santiago de Compostela en 1961.
Pertencente
a unha familia de labradores, a súa infancia vivida no mundo rural
galego marcará a súa obra. A súa poesía de estilo bucólico
estará impregnada deses primeiros anos de vida, así como a
representación da vida, cultura e linguaxe galegas. Con 16 anos
comeza publicar os seus primeiros versos, pero non será ata 1930
cando se publicará o seu primeiro libro, Señardá.
Aquilino
estudou no Seminario de Mondoñedo Latín e Filosofía, carreira que
abandonaría en 1931 para entrar no servizo militar e que non
retomaría ata anos máis tarde en Santiago de Compostela. Sería
durante a súa estancia en Mondoñedo cando coñecería a literatura
clásica grecolatina, literatura que o impulsaría a realizar
traducións de moitas obras escritas nesa lingua. Tamén nestes anos
coñecería a outros autores galegos como Vicente Risco ou Ramón
Otero Pedrayo.
Militante
do Partido Galeguista, traballou na revista Nós, en A Nosa
Terra, Resol ou Papel de Color. En 1933 saíu á
luz o seu segundo poemario Corazón ao vento,
e trala súa publicación seguiría un largo silencio de moitos anos
que incluíron a Guerra Civil, a morte dun dos seus irmáns e o seu
casamento con Dolores Ferreirós Santos.
Aínda
que nunca deixou de escribir e publicar poemas e escribir en
revistas, non sería ata 1947 cando volve publicar o libro Cómaros
Verdes. Esta obra supón un
cambio no estilo de Aquilino, aínda que o tema da soidade e a dor
seguen estando vixentes nos seus poemas.
A
ditadura puxo fin á súa
afiliación política, pero nunca deixou de escribir en galego nin de
manter una estreita relación coa cultura galega. Durante os seus
últimos anos de vida formou parte da Real Academia Galega, do
Patronato Rosalía de Castro e da Editorial Galaxia e escribiría
Lanza de soledá, Leva
o seu cantare e Nenias,
as tres obras publicadas postumamente.
En
1986 dedicaríaselle o Día das Letras Galegas, e dende o 2009 pódese
apreciar unha placa conmemorativa na súa casa natal en Abadín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario