Manuel
Antonio Pérez Sánchez naceu en Rianxo o 12 de xullo de 1900 no seo
dunha familia conservadora. Cando
tiña catro anos falece
o seu pai e
vaise a vivir coa súa avoa materna e
cun tío, polo que pasará a maior parte da súa infancia entre
Padrón e Iria Flavia.
Aos
once anos trasladouse a Compostela a estudar o bacharelato, é aí
onde entra en contacto co republicanismo e o galeguismo. Comezou a
estudar a carreira de Filosofía e Letras, pero deixouna para cursar
Náutica en Vigo. Nesta
época publicáronse varios poemas seus en xornais e revistas como La
redención, A Nosa Terra ou Galicia.
En
1921 participou na II Asemblea Nacionalista, onde coñeceu aos
membros máis importantes do galeguismo, coma Vicente Risco, entre
outros. Dela saíu fortemente convencido polo ideario nacionalista e
a política pasou a ser moi importante na súa vida.
A
partir de 1922 comezou unha intensa actividade literaria publicando
en revistas como Alfar
ou
Ronsel
e
ese mesmo ano publicou xunto a Álvaro Cebreiro o manifesto Máis
alá!
Entre
1926 e 1927, Manuel Antonio fixo as prácticas de piloto da mariña
mercante, sendo nesta época, namentres está embarcado, cando
elabora o seu poemario De
catro a catro: follas sin data d´un diario d´abordo,
publicado en 1928 e que sería o seu único libro publicado en vida.
O
28 de xaneiro de 1930 finou en Rianxo, por mor da tuberculose.
De
xeito póstumo publicáronse outros poemarios seus como: Con
anacos do meu interior, Foulas, Sempre e máis dispois e
Viladomar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario