Eduardo
Blanco Amor naceu en Ourense no
ano 1897,
constituíu
un dos grandes fitos da renovación narrativa galega e asemade, foi
unha figura fundamental no teatro e no xornalismo.
Recibiu
o maxisterio na Escola Normal da man de Vicente Risco, personalidade
que supuxo unha grande influencia no seu posicionamento en defensa da
cultura galega. Aos dezasete anos xa traballaba en El
Diario de Orense e
frecuentaba os faladoiros co seu mestre Risco.
No
ano 1919 emigrou a Bos Aires, onde entrou en contacto con
intelectuais e artistas, tanto galegos como arxentinos, alí
traballou con Borges, Sábato, Suárez Picallo... nesta época fundou
a revista Terra,
escrita en galego, e colaborou noutras moitas revistas e xornais como
El Despertar
Gallego, La Nación, Céltiga, Correo de Galicia...
Entre
1929 e 1935 realizou dúas viaxes á Península como correspondente
de La Nación,
nelas
entrou en contacto co Partido Galeguista e a Xeración Nós e tamén,
coa Xeración do 27 da literatura española. Co estoupido da Guerra
Civil defendeu desde Arxentina o Estatuto de Autonomía e adicouse a
espallar a cultura galega.
A
súa carreira literaria comeza con Os
Nonnatos (1927)
e un ano despois o poemario Romances
galegos.
En
1959 publica unha das súas obras máis importantes A
Esmorga, unha
ruptura das tendencias costumistas da literatura galega na que se
introducen técnicas como a redución temporal, o tremendismo, a
plasticidade cinematográfica no ritmo
ou as perspectivas suburbanas. No
ano 1962 publicou Os
Biosbardos e
en
1972 viu a luz Xente
ao lonxe, onde
retrata a estratificación da sociedade urbana de Ourense.
O
16 de xaneiro de 1965 retornou a Galicia e
desde
entón, centrouse
principalmente na súa produción no teatro. Foi
unha figura moi salientable do teatro independente, fundou varias
compañías e publicou as súas obras Farsas
para títeres (1973)
e Teatro pra
a xente (1975).
O
1 de decembro de 1979, Eduardo Blanco Amor finou en Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario