Ramón
Otero Pedrayo naceu en Ourense o 5 de marzo de 1888, foi político,
novelista, xeógrafo... e unha das figuras que máis achegou á
cultura galega. Era descendente dunha familia fidalga que posuía un
pazo en Trasalba e estudou o bacharelato en Ourense.
No
ano 1905 trasladouse a Madrid para cursar as carreiras de Dereito e
Filosofía e Letras, nestes anos na capital estivo influído por
autores da Xeración do 98, así como polo modernismo e o simbolismo.
Otero
Pedrayo regresou a Ourense en 1912, onde se integrou e dinamizou o
ambiente cultural da cidade xunto con Risco, López Cuevillas e
Primitivo Rodríguez Sanjurjo. Nesta época colabora en diversos
xornais e revistas como La Centuria ou
La Región. En
1918 ingresou nas Irmandades da Fala e dous anos despois, foi un dos
fundadores da revista Nós. O
seu labor dentro da Xeración Nós foi fundamental, xa que foi o
renovador da prosa escrita en lingua galega.
Unha
vez aprobada por oposición a cátedra de Xeografía e Historia e
despois de varios destinos, volveu con praza a Ourense. A
partir desta época participou activamente na política, integrando
as Asembleas Nacionalistas, ademais publicou escritos técnicos sobre
xeografía e historia e
en 1929 ingresou na Real Academia Galega.
Otero
Pedrayo declarouse abertamente republicano e era defensor da
cooficialidade do galego, foi un dos fundadores do Partido
Nazonalista Repubricán e nas eleccións do 12 de abril de 1931, foi
elixido deputado. Máis tarde, o seu partido integrouse no Partido
Geleguista e cando a Guerra
Civil estoupou, foi perseguido como tantos outros intelectuais
galegos e cesárono no seu cargo de catedrático, cuxo posto non
conseguiu recuperar ata 1948, acadando a cátedra de Xeografía e
Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1950.
A
partir dos anos corenta participou en diversa actividades a prol da
cultura galega, como a fundación do Instituto Padre Sarmiento de
Estudios Gallegos, o
Patronato Rosalía de Castro
ou a Editorial Galaxia.
No
que respecta á súa obra literaria, ademais de ensaios e contos,
tamén publicou textos fundamentais nas letras galegas como Escrito
da néboa (1927), Os
camiños da vida (1928), Arredor
de si (1930), Contos
do camiño e da rúa (1932)... e
obras teatrais tales como A lagarada: farsada tráxica para
ler (1928) e O
desengano do prioiro ou o pasamento da alegría
(1952).
Viviu
en Compostela ata 1958, ano no que regresou a Trasalba, onde faleceu
o 10 de abril de 1976.
Ningún comentario:
Publicar un comentario