martes, 24 de setembro de 2013

BookCroosing. Mércores 25 de setembro as 11:00 horas.



Mércores 25 de setembro liberamos os seguintes libros a partir das 11:00 horas no vestíbulo da entrada da biblioteca pública, no stand de BookCrossing.



¿Sabes que é o BookCroosing?  É un club de libros global que atravesa o tempo e o espazo. É un grupo de lectura que non coñece límites xeográficos. ¿Gústanche os libros gratis? Que tal os clubs de libros gratis? Bo, os libros que liberamos todos os que practicamos o BookCroosing   son gratis... pero é o acto de liberar libros o que chega ao corazón de BookCrossing. Intercambiar libros nunca foi máis excitante que con BookCrossing. A nosa meta, simplemente, é converter o mundo enteiro nunha biblioteca. BookCrossing é un intercambio de libros de proporcións infinitas, o primeiro e único da súa clase.
 

  • El segundo Libro de la Selva / Ruyard Kipling
O éxito del libro de la selva, moveu a Rudyard Kipling a escribir un ano despois "El Segundo Libro de la Selva", afortunadamente unha continuación, máis que unha segunda parte, do primeiro libro. A unha sociedade natural que conseguiu a harmonía e, con ela, a verdadeira liberdade grazas ao sometemento a un estrito código moral e de conduta, a Lei da Selva, volve Mowgli, o cachorro humano adoptado e educado por lobos. Mowgli non é unha criatura salvaxe, e menos aínda un mozo convencional. O heroe destes relatos simboliza o difícil pero necesario equilibrio entre os homes e o medio en que estes, aínda que o esquezan, afunden o que fai posible a súa existencia.



  •  En nombre de la Infanta Carlota / Javier A. Múñoz. Literatura Infantil

Ano 1810. Fume e destrución. As tropas de Napoleón bombardean as murallas de Cádiz. Os gaditanos resisten o asedio ao límite das súas forzas. A Infanta Carlota, unha adolescente arrogante, goberna a cidade ata que é traizoada e entregada aos franceses. Na súa desgracia coñecerá a Canelilla, unha nena xitana que soña con ser princesa. Juntas, percorrerán acantilados, goletas e bosques máxicos, poboados por bandoleiros, piratas, xitanos, espías e desertores... ata rematar enfrontándose ao exército máis poderoso de Europa.


  • Ha llegado la hora de montar tu empresa / Alejandro Suárez Sánchez-Ocaña. Noegocio e inversións

Escrito nun estilo ameno e desenfadado, afastado de tecnicismos e sen perder de vista en ningún momento a crua realidade do mercado e a falta crónica de axudas aos emprendedores no noso país. Chegou a hora de montar a túa empresa é unha excelente ferramenta para sentar as bases dunha futura empresa ou ben para consolidar a xa existente. Da man de Alejandro Suárez Sánchez-Ocaña, un de nosos máis destacados emprendedores e investidores, aprenderás todas as claves da creación de empresas e obterás toda a información necesaria para levar a bo porto a túa idea de negocio, incluíndo recomendacións e consellos que só pode darche, coa súa equilibrada porción de éxitos e de fracasos, quen transitou en múltiples ocasións polo angosto camiño da emprendiduría. Nas páxinas deste libro, o seu autor ofrécenos todos os coñecementos que nos serán imprescindibles sobre os tipos de empresa que poden crearse, os trámites administrativos requiridos, a elaboración do plan de empresa ou a busca de financiamento, ao tempo que nos dá a súa opinión sobre cuestións capitais á hora de montar unha empresa: só ou con socios? a miña idea de negocio é viable? debería deixar aconsellarme por un consultor? teño espírito emprendedor? que acontece se fracaso? Preguntas que un adoita formularse antes de dar o paso definitivo, pero que ninguén se atreve a contestar. En definitiva, unha obra imprescindible destinada a converterse no plan de ruta dos novos emprendedores que tanto necesita o noso país. Se a ti tamén te chegou a hora de montar a túa empresa, aquí tes o teu primeiro socio. 



  • Historia do traxe galego / Clodio Gozález Pérez. Otros

A vestimenta tradicional constitúe unha das manifestacións representativas da idemntidade dun pobo. A partir do século XIX, co progresivo desenvolvemento da industria textil, a confección doméstica foi desaparecendo, tamén os oficios tradicionais relacionados cos tecidos e a costura.

O longo da histaria do noso país, foron moitos os intelectuais que fixeron un chamamento para que os traxes típicos de Galicia non quedasen no esquecemento... 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...