Do
1 de febreiro ata o 16 de maio.
Que
é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2018”?
É
unha actividade dirixida ós usuarios xuvenís e adultos da
Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.
Que
teño que facer?
Ler
catro libros en lingua galega das seccións de novela, poesía,
teatro, xuvenil ou cómic. Por cada libro que se lea, o persoal da
Biblioteca porá un selo nun pasaporte.
Canto
dura a actividade?
Dende
o 1 de febreiro ata o 15 de maio poderánse levar os libros en
préstamo.
Que
fago cando complete o "Pasaporte"?
Unha
vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse
na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da
biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maio ás 12:00 farase un
sorteo público entre os pasaportes recibidos. Non será necesario
estar presente para recibir o premio, a Biblioteca contactará cos
usuarios gañadores.
Cantos
pasaportes podo completar?
Non
hai número limitado de pasaportes, pódense ler cantos libros se
queiran.
Ler
ten premio?
Si,
entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario