luns, 30 de agosto de 2021

Creación de Ecopersonaxes de conto

 



O vindeiro 7 de setembro, de 17.30 a 19.30 h. terá lugar este  obradoiro a cargo de Anias para público infantil, de 6 a 9 anos.

Os participantes escoitarán un conto máxico sobre ecoloxía e coidado do medio ambiente, no que os seres fantásticos que o protagonizan darán a coñecer a importancia do coidado do entorno natural e dos seus habitantes. Despois do conto crearán ilustracións de seres fantásticos utilizando elementos naturais de forma sostíbel.


Con inscrición previa a partir do 31 de agosto ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca


Uso obrigatorio de máscara



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...