Apetéceche que che conten un conto?
Neste mapa poderás atopar os contos da terras dos sentimentos, os contos da terra do rio e do movemento, colinas escondidas da poesía, ou, incluso os contos das leiras e montaña das matemáticas e maila arte... que agardan agochados na vosa biblioteca, atrévete a descubrilos e xuntos completaremolo mapa dos contos, deses que nunca che contaron...
Se tés entre 6 a 9 anos,embarcate con nós, comezamos no mes de febreiro ata o més de abril o 2º e 4º sábados de cada mes: 8 e 22 de febreiro, 8 e 22 de marzo e 12 e 26 de abril.
Con inscripción previa, a partir do mércores 22 de xaneiro na 3ª planta da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 14 h., no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es ou no teléfono 986 85 08 38 ou (20 prazas)
Ningún comentario:
Publicar un comentario