30 de xaneiro, xoves:
Taller de ilustración: “Era unha vez…a Ilustración”, a cargo de Patricia
Rodriguez Saavedra (IMASV)
Sinopse: Contaráselle aos cativos como
evolucionou a Ilustración ao longo da historia ata os nosos días.
Dende as primeiras miniaturas dos manuscritos ilustrados, pasando pola importancia de
debuxar con texto, o movemento, as solapas, as texturas, o 3D, olores, sentidos,
os audiolibros…, a cargo de Patrica Rodriguez Saavedra (IMASV)
Hora: De 12:00 a 13:00 h
Púbico destinatario:Alumnos de 1ro. de Primaria del CEIP A Laxe (Marín)
Lugar: Sala de obradoiros / Sala
Infantil
Xoves 30 de xaneiro. Faladoiro “A ilustración gráfica hoxe en Galicia”
Modera: Henrique Torreiro
Xoves 30 de xaneiro
Hora: 18.30 h
Para todos os públicos
De forma distendida e achegada ao público xeral, o faladoiro centrarase no traballo dos profesionais da ilustración, nos retos aos que se enfrontan na actualidade e nas perspectivas de futuro que se abriron nos últimos anos, cun progresivo recoñecemento social da importancia cultural do visual en xeral e da ilustración en particular.
De forma distendida e achegada ao público xeral, o faladoiro centrarase no traballo dos profesionais da ilustración, nos retos aos que se enfrontan na actualidade e nas perspectivas de futuro que se abriron nos últimos anos, cun progresivo recoñecemento social da importancia cultural do visual en xeral e da ilustración en particular.
Henrique Torreiro modera este faladoiro, no que participarán en diálogo os ilustradores Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía.
Marina Seoane (Madrid, 1957). Licenciada pola Facultade de Belas Artes de Madrid, ten colaborado con máis de corenta editoriais, estudios de deseño e organismos oficiais. Ten ilustrado arredor de douscentos cincuenta libros e é autora de cinco contos. Varios dos seus libros obtiveron premios e mencións, como do Ministerio de Cultura, da Lista de Honra do CCEI ou da White Ravens. Autora de varios carteis de animación á lectura, realizou once exposicións individuais e participou en numerosas colectivas. Foi directora artística da editorial Edimáter. Actualmente é a presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). 5
Almudena Aparicio (Vigo, 1978). Licenciada pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ten traballado desde 2004 como ilustradora de libros de texto, didácticos e de literatura infantil. É, ademais, coautora do manual Técnicas de paquetería. Guía práctica para hacer más atractivos sus embalajes (Ideaspropias, 2005). O ano pasado gañou o Plum Pudding Award, convocado pola axencia de ilustradores británica Plum Pudding e a editorial Egmont, no IlustraTour 2013 (Valladolid).
Manuel Uhía (Portonovo, 1944). Estudou pintura na Real Academia de San Fernando e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Como ilustrador, foi seleccionado en tres ocasións na Bienal de Bratislava (1993, 1995 e 1999). En 1997 formou parte da lista de honra do Premio CCEI. No 2000 foi seleccionado polo Ministerio de Cultura para a exposición A todo color. En 2009, obtivo a distinción White Ravens polo libro Cactus del desierto, escrito por Roberto Aliaga.
Henrique Torreiro (Ourense, 1972). Organizador das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense entre 1992 e 2010, é socio fundador de varias empresas de xestión cultural e editorial. Foi xerente da FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales) e coordinador do Observatorio da Ilustración Gráfica. Na actualidade é secretario técnico da AGPI.
31 de xaneiro, venres: Obradoiro "Aproximación ao mundo dá ilustración, a cargo de Oscar Villán
Sinopse: Charla sobre ou traballo do ilustrador e do proceso de ilustración dun libro, tomando como referencia ou traballo do autor; revisón do traballo de distintos ilustradores con traballos diverxentes; recomendación de libros
Público destinatario: Nenos e nenas de 8 a 12 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:30 a 19:30
Con inscripción previa, a partir do 13 de xaneiro non correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, non teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (20 prazas)
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:30 a 19:30
Con inscripción previa, a partir do 13 de xaneiro non correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, non teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (20 prazas)
Ningún comentario:
Publicar un comentario