sábado, 11 de xaneiro de 2014

11 de xaneiro, "Día dos usuarios das Bibliotecas"

Con motivo do Día do Usuario o sábado 11 de xaneiro, a Biblioteca Pública de Pontevedra convida a todos os seus lectores a participar nas actividades conmemorativas previstas nas bibliotecas públicas da Xunta de Galicia:
• Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o Día do Usuario para todos os lectores que se acheguen á Biblioteca Pública de Pontevedra a celebrar esta conmemoración:
- Adultos: ata 15 obras en total para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 6 materiais especiais e 4 publicacións periódicas prestables.
- Nenos: ata 15 obras en total para escoller entre10 libros prestables infantís, 6 materiais especiais e 4 publicacións periódicas prestables.
Todos os usuarios poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrabibliotecario.
• Nomeamento de tres superlectores adultos e tres superlectores infantís.
Serán os nosos "Socios de honra" para o ano 2014. Estes usuarios foron os que máis documentos levaron en préstamo no ano 2013; algúns deles mesmo, non se atrasaron nin un só día nas súas devolucións. Parabén!.
• Visita guiada a Biblioteca as 11:30 h. se queredes  saber máis sobre os seus servizos e as súas  coleccións.


... E se empregades o servizo de préstamo poderedes atopar algúnha sorpresa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...