BookCrossing para martes 6 agosto a partir das 12:00 horas no vestíbulo da entrada da biblioteca pública no stand de Bookcrossing
Cuentos infantiles políticamente correctos / James Finn Garner
En tempos lonxanos, para amenizar as reunións, era costume relatar historias uns aos outros. Algunhas lograron convertirse en dominuio público, reflectindo o modo de vida da sociedade de entonces. Eran contos sexistas, discriminatorios, inxustos, culturalmente tendenciosos e denigrantes, para as bruxas, os animais, os trasgos e as fadas deste mundo.
Afortunadamente, James Finn Garner rescatou aquelas narracións clásicas (Carrapuchiña Vermella, Brancasneves e os sete enanitos, etc...), contándoas de novo cun delicioso sentido do humor e dun xeito moito mais aceptable para a sociedade dos nosos días, libre da tendenciosidade e limpio das influencias dun pasado culturalmente sospeitoso, a anos luz da perfección que ampara todo o políticamente correcto.
Retrato del artista adolescente / James Joyce
Retrato do artista adolescente é unha novela semiautobiográfica escrita polo escritor irlandés James Joyce, publicada en formato de serial na revista The Egoist, entre 1914 e 1915, e como libro no ano 1916.
Con esta novela James Joyce presenta, dunha maneira penetrante e divertida, o paso pola crise da adolescencia. A obra pódese ler como un Bildungsroman -ou novela da mocidade- centrada na eclosión do artista. Neste caso, a tradición católica e a axitación nacionalista xorden no primeiro plano dunha loita que, máis aló dos convencionalismos, quere atopar unha forma de expresión que acompañe o protagonista até o limiar da idade adulta.
En el tiempo de las hogueras / Jeanne Kalogridis
Carcasona 1357. Nos tempos do papa Inocencio VI, no sur de Francia, reina a peste e a Inquisición. A Abadesa Marie Françoise será xulgada polos cargos de herexía e bruxería, por realizar sanacións máxicas e atentar contra o Papa. Para uns é unha santa e para outros é unha bruxa.
O monxe escriba Michel é o encargado de obter a confesión antes de que sexa condenada á fogueira. Nembargantes a medida que a abadesa avanza no seu relato, Michel vaise sumerxindo nun mundo máxico donde se enfronta ao ben e ao mal, e ante os seus ollos e o seu corazón vai crecendo a imaxe dunha muller santa, valente e nobre.
Los últimos días de Pompeya / Bulwer Lytton
Pompeya no ano 79 d.c. Glauco, Diones, Nydia e Arbaces viven a catro días previos á erupción do Vesubio, alleos ao tráxico final que a súa furia lles depara. A cidade que fora símbolo do emerxente poder do Imperio Romano está a piques de converterse en lenda. Intrigas, conspiracións, amores e traizóns enchen as páxinas do trepidante relato dun dos momentos clave para o futuro da cultura occidental. Unha imprescindible referencia para os fans da novela histórica e de aventuras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario