mércores, 7 de agosto de 2013

Obradoiro de "Papiroflexia"

Mércores7 de agosto traballamos con "Siete ratones ciegos" de Ed Young no noso obradoiro de "Papiroflexia".






Mércores 14 de agosto de 2013 (2ª sesión)

Imos crear e decorar postais, felicitacións de aniversario e tarxetas despregables, que ao abrilas liberan figuras tridimensionái. Os nenos e nenas empregarán as técnicas do origami e kirigami (implica o cortado de papel para a creación das tarxetas 3D) para realizar esta actividade.










Mércores 21 de agosto de 2013 (3ª sesión)

Imos crear figuras de papel para a dramatización de contos. Os nenos e nenas divididos en dous grupos interpretarán/dramatizarán dúas versións diferentes do mesmo conto: “A ratiña fachendosa”, empregando como guiñol as figuras de papel creadas previamente (cada grupo representará unha versión diferente do conto).



Mércores 27 de agosto de 2013 (4ª sesión)

Imos construir un móvil de origami: incluiremos as figuras clásicas de papel, o barquiño tradicional, e a paxariña tradicional, entre outras…



<Exposicións dos traballos elaborados polos nenos e nenas ao longo do obradoiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...