xoves, 30 de abril de 2020

Lectura fácil



Pode ser que inda que sexamos lectores e usuarios de bibliotecas o termo Lectura fácil non nos resulte familiar ou non saibamos moi ben a qué se refire exactamente. A continuación imos tratar de explicalo.

Qué é a Lectura fácil?

"A Lectura fácil é un método de redacción de textos e contidos adaptados ás necesidades de todas as persoas, en especial ás que teñen dificultades de comprensión lectora”(Instituto de Lectura Fácil). Os libros, documentos administrativos e legais, textos informativos, páxinas web … seguen as directrices internacionais da IFLA e de Inclusion Europe en canto a linguaxe, contido e forma.

Quén pode beneficiarse da Lectura Fácil?

A Lectura Fácil diríxese a todas as persoas, en especial a aquelas que teñen dificultades lectoras. Cando estamos a falar de persoas con dificultades lectoras debemos  ter en conta que son aproxidamadamente un 30% da poboación. Podemos pensar que neste grupo só se incluen persoas con trastornos da aprendizaxe, diversidade funcional, trastornos neuropsicolóxicos... pero non é así. Dentro desa porcentaxe atopamos dende inmigrantes que precisan aprender unha lingua nova a persoas con escolarización tardía ou deficiente (como poden ser anciáns que no seu momento non tiveron acceso a educación). Por tanto podemos  dicir que os textos en Lectura fácil poden ser utilizados por todas aquelas persoas, calquera que sexa a súa idade, que atopan dificultades á hora de se enfrontar a un texto, sexa literario ou de calquera outra  clase. 

Qué características ten un texto en Lectura fácil?

Os textos escritos en Lectura fácil teñen que cumprir unha serie de normas. Non se pode confundir o uso dunha linguaxe sinxela e clara cunha linguaxe infantil e coloquial. É moi importante que a información non sexa confusa e estea ben estruturada. Algunhas das pautas máis importantes serían as seguintes:

-Frases curtas
-Evitar frases en negativa
-Marxes amplos e interlineados xenerosos
-Evitar conceptos abstractos
-Presenza de glosarios

-Incluir imaxes ou pictogramas, especialmente os destinados a persoas con   autismo




Os textos en Lectura fácil (sexan libros, documentos , páxinas web ...) levan un logo que os acredita como tales.


logo europeo 


logo da Asociación Española de Lectura fácil



Publicacións en Lectura Fácil

Inda que a publicación de textos en Lectura fácil segue a ser escasa cada vez temos máis materiais ao noso alcance tanto pola temática como polo público ao que se dirixen. Imos ver uns exemplos

-Textos literarios: son os que ocupan a maior parte das publicacións. Dentro deles podemos atopar non só adaptacións de obras existentes senón obras escritas inicialmente en Lectura fácil.








  -Libros de diferentes materias: Destacan especialmente aqueles destinados 
a mellorar a autonomía persoal pero tamén atopamos libros de arte, historia ou cociña.











O dereito de acceso á información é un dereito fundamental das persoas que as bibliotecas debemos garantir. Quen ten dificultades lectoras  é dependente de outra persoa para acceder a aquela información que precisa tanto para o desenvolvemento de actividades da súa vida cotiá como para satisfacer as súas necesidades de lecer. A lectura fácil ofrece autonomía e independencia fomentando a igualdade de oportunidades. O papel das bibliotecas é  fundamental para axudar a inclusión e integración de todas as persoas na comunidade.



#aculturasegue #lecturafácil #igualdade #inclusión

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...