martes, 9 de outubro de 2018

Conversacións sobre WordPress (e sobre a WordCamp)


Que acción única crees que podería mellorar o SEO da miña web en WordPress?

Como vai afectar o novo editor Gutenberg a WooCommerce?

Cambiou moito o email márketing tras a entrada en vigor do RGPD?

Que crees que funcionou mellor na PonteWordCamp?

Vai haber unha nova edición en 2019?

Estas preguntas, moitas máis, e as que a vós ocórranllevos serán parte desta primeira edición de "Conversacións sobre WordPress" nas que gozaremos de case dúas horas de charla cuns invitados moi especiais. Esta vez acompañaranos o equipo organizador da PonteWordCamp e conversaremos non só sobre WordPress, senón tamén sobre o evento que reuniu case 200 persoas o 22 de setembro en Pontevedra.

Non queremos que as conversacións se volvan unha consultoría privada, polo que non se responderán en profundidade temas moi específicos de proxectos, pero si vos animamos a todos a levar as vosas preguntas e inquietudes, sexa cal for o voso nivel.

Desde o convenme utilizar WordPress antes que outra plataforma? ao Podédesme explicar como conectar Mailchimp coa miña web? pasando por Gutenberg ou os shortcodes.

Tamén aproveitaremos para preguntar desde a organización da meetup que charlas gustaríavos ter/escoitar esta terceira tempada de meetups? Tomaremos nota das vosas peticións de temas ou persoas e tentaremos satisfacer a cuantos máis mellor. Por todo isto, non o perdas! 

Esperámoscte o venres 19 a partir das 18:30 na Biblioteca de Pontevedra, e a partir das 20:45 no noso clásico networking- picoteo do Dobre M, un bar próximo.


WordPress é un sistema de xestión de contido orientado inicialmente á creación de bitácoras, ou blogues/blogs, (sitios web actualizados periodicamente e con orde cronolóxica descendente). Está estruturado en PHP, usa como xestor de base de datos MySQL, baixo licenza GPL, e foi fundado por Matt Mullenweg.

A comunidade local de WordPress Pontevedra é un grupo de persoas da cidade e os seus arredores que se reúne cada mes para aprender e compartir coñecementos de todo tipo e de todos os niveis, axudando e ensinando os uns aos outros sobre WordPress. Xa sexamos bloggers, desarrolladores, deseñadores, estudantes, consultores, donos de negocios, tendas online ou calquera outro perfil, reunímonos para falar sobre WordPress e o que nos pode achegar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...