martes, 17 de novembro de 2020

Novo formulario de préstamo interbibliotecario

 




Xa podes solicitar os teus préstamos intrabibliotecarios a través do novo formulario da páxina web



Préstamo entre bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (intrabibliotecario)


É o préstamo de materiais procedentes doutras bibliotecas da Rede. Estas son:

— Biblioteca de Galicia (só materiais da Biblioteca Central de Préstamo)

— Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

— Biblioteca Pública de Lugo

— Biblioteca Pública de Ourense

— Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

— Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

— Biblioteca Municipal Central de Ferrol


 

Número de máximo de documentos

— Só se pode solicitar un documento. Se a obra está formada por varias partes (volumes dun libro, capítulos dunha serie, etc), poden solicitarse ata un máximo de tres documentos.

— Só se pode ter unha petición en curso deste tipo á vez, ata que se recibe un préstamo intrabibliotecario non se pode pedir outro.

— Só se pode ter prestado un documento procedente de préstamo intrabibliotecario á vez.

 

Prazo de recepción

— O prazo de recepción do material solicitado adoita ser inferior a unha semana.

 

Prazo de recollida

— Unha vez recibido, a biblioteca poñerase en contacto coa persoa peticionaria para comunicarlle a chegada do documento. A partir dese momento dispoñerá de sete días hábiles para facer a recollida.

— Se non retira o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen préstamo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...