xoves, 28 de marzo de 2019

Historia do Día das Letras Galegas




No ano 1963 tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- propuxeron nesta institución que se declarase o día 17 de maio de cada ano "Día das Letras Galegas".

A data elixida FOI o 17 de maio, xa que xusto naquel ano celebrábase o centenario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Propúñase o día 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, e por ser nese día cando Rosalía de Castro llo dedicou á tamén poeta Fernán Caballero.

A iniciativa tivo moi boa acollida, publicouse unha edición crítica de Cantares Gallegos realizada por Bouza Brey.

Desde aquel ano celebramos este día anualmente e llo dedicamos a escritores galegos e, desde 1991 o Día das Letras Galegas é unha festividade oficial en Galicia.

Os académicos da Real Academia Galega son os encargados de decidir o escritor ou escritora premiado. Debe ser un autor ou autora cunha obra relevante en lingua galega e deben ter transcorridos dez anos dende a súa morte.

Dos 57 homenaxeados, contando a Antón Fraguas, só 4 foron mulleres.












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...