xoves, 28 de marzo de 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Rosalía de Castro, 1963



Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837.

A súa nai foi María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía, de familia fidalga vinda a menos e o seu pai, don José Martínez Viojo, que era sacerdote e non a puido recoñecer como filla.

As tías paternas de Rosalía e a súa nai ocupáronse dela os primeiros anos. Na súa obra veremos o moito que a marcou a súa historia familiar e o feito de nacer filla de nai solteira fidalga.

Estudou algo de francés, debuxo e música e era aficionda ó teatro.

En 1956 viaxa a Madrid á casa duns familiares. Publica o seu primeiro libro “La flor”, que é recibido ben pola crítica e ten boas opinións de Manuel Murguía.

En 1858 casou con Manuel Martínez Murguía e tivo sete fillos: Alenjandra, Aura, os xemelgos Gala e Ovidio, Amara e Adriano). Polo traballo do marido, viviron en diferenetes puntos da xeografía española, ata que en 1871 se trasladaron á Coruña e máis tarde a Santiago. Durante todo este tempo rosalía continuou coa escritura. Nestes anos publicou, entre otros: “A mi madre”, “Cantares gallegos”, “Contos da miña terra”, “Follas Novas” e “En las orillas del Sar”.

Cunha saúde fráxil, Rosalía voltaba á súa casa de Padrón para coidarse. Alí faleceu en 1885 con só 48 anos.

Os seus manuscritos inéditos foron queimados por petición expresa da escritora, o mesmo que a súa correspondencia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...