
Pero non fai falta estar sancionado para participar neste proxecto solidario,
polo que invitamos a todos os lectores que devolven en prazo os materiais da
Biblioteca a sumarse a esta iniciativa, entregando tamén produtos de primeira
necesidade xunto aos seus libros, DVs, Cds, etc.
A ONG Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra recollerá periodicamente
os alimentos para a súa distribución entre os sectores de poboación máis
afectados.
Con esta iniciativa a Biblioteca Pública de Pontevedra ao igual que outras moitas
bibliotecas que apoian a iniciativa da Biblioteca Rexional de Murcia dende 2012
pretende facer unha chamada á solidariedade aos seus
usuarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario