martes, 2 de decembro de 2014

Actividades Biblioteca Pública de Pontevedra. Decembro 2014-INFANTIL





Contacontos e campaña de sensibilización a cargo da "Asociación de Persoas Sordas de Pontevedra". 3 de decembro, día da discapacidade. 


Lugar: Sala de Obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra
Hora: Contacontos  as 17:30, campaña de sensibilización as 18:30
Público destinatario: Para os nenos/es e as súas familias
Entrada libre ata completar aforo




5 de decembro, venres; Conto " A maleta da avoa", a cargo de Raquel Queizás

Sinopse:  A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros, nela vive a memoria entre libros, bonecas de millo, chapeus…e tamén adiviñas…aí vai unha: “Redondo como o pé dun cabalino, ten cen mil follas e non as conta ninguén…Que é?” A resposta agarda na vosa biblioteca.
Público destinatario: Nen@s a partir de 5 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

12 de decembro, venres: Espectáculo "Merenda con pan de millo" a cargo de Migallas

Sinopse: Espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo”. Nel combínanse canciós en narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío conductor.
Público destinatario: Nen@s a partir de 4 anos
Hora: 18:30
Lugar: Salón de actos
Entrad de balde, ata completar aforo

19 de decembro, venres: Conto: "Contos que deixan pegada" a cargo de Pavís Pavós

Sinopse: Unha sesión de contos orientados a transmitir valores. Contos que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o machismo, as desigualdades...Contos que, sen querelo, van deixar pegada en quen os escoite.
Público destinatario: Nen@s a partir de 4 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

26 de decembro, venres: Macia e contos "Maxia no nadal" a cargo de Leo Leiño (Especial Nadal)

Sinopse: Unha sesión de maxia divertida e sorprendente contando historias e mesturada con xogos con participación dos asistentes, nenos e adultos
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

2 de xaneiro, venres: Macia e contos "Maxia no nadal" a cargo de Leo Leiño (Especial Nadal)

Sinopse: Unha sesión de maxia divertida e sorprendente contando historias e mesturada con xogos con participación dos asistentes, nenos e adultos
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...