venres, 1 de setembro de 2017

IV Certame de Relato Curto







A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o cuarto certame de relato curto, que ten por obxectivo o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.

Poderán presentar os seus traballos todas as persoas maiores de 16 anos e o tema será libre. O único requisito é que estea contextualizado na Galicia rural.

Cada participante presentará un único relato, que deberá ser orixinal e inédito. O idioma elixido pode ser o galego ou o castelán.

A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e entreliñado 1,5.  

O prazo de inscrición no certame vai dende o día 1 de setembro ata o 10 de outubro de 2017. 

Os premios son:
1º premio: Vale de compra por valor de 120 euros na librería Cronopios .
2º premio: Vale de compra por valor de 60 euros na librería Cronopios.
3º premio: Vale de compra por valor de 30 euros na librería Cronopios.
Ademais os tres traballos serán difundidos pola Biblioteca.

Para máis información poden consultar as bases na propia biblioteca ou no seguinte enlace de Calameo:
                                        

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...