mércores, 13 de setembro de 2017

Ata sempre Xohana Torres!



 En 1931 en Santiago de Compostela naceu unha escritora fundamental na literatura galega, Xohana Torres Fernández, que viviu a súa infancia en Ferrol.

EstudouFilosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e en 1958 recibiu o primeiro Premio de Prensa de Vigo. Publicou dende ben cedo en revistas como Aturuxo, Vida Gallega ou Vieiros. 

Tras rematar a carreira trasladouse a Vigo onde dirixiu un programa de radio na emisora La Voz de Vigo, "Raíz e Tempo", o primeiro programa cultural en lingua galega tras a guerra civil.

Escribiu entón as súas primeiras obras de teatro. Unha delas, Un hotel de primeira sobre o río, conseguiu o Premio Castelao de teatro en 1966. 

En 1971 publicou Adiós, María, a novela coa que gañou o Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires. Seguiron diferentes obras e premios como o Pedrón de Ouro ou o Premio á Creación Feminina da Xunta de Galicia.

Outras obras que teñen que ser lembradas son: San Andrés de Lonxe, mitos e ritos; Do sulco; Polo mar van as sardiñas; Estacións ao mar ou Pericles e a balea.  
 

 







 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...