Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 30, 2014

Do 6 ao 11 de maio a Biblioteca Pública de Pontevedra na Feira do Libro de Pontevedra. Visita o noso stand!!

Imaxe
Presenza da Biblioteca nos actos culturais da cidade. Feria do Libro 2014



A Biblioteca contará cun stand para presentar a todos os visitantes parte da súa colección, levando unha representación de todos os formatos existentes na biblioteca e para todas a idades. Os visitantes poderán informarse sobre os servizos e das actividades que a biblioteca ofrece, xa se persoalmente a través do noso persoal presente no stand ou a través de dípticos informativos. Tamén se ofrecerá aos usuarios a posibilidade de facerse socio da biblioteca na mesma Feira do Libro.
Entre as actividades que ofrecerá a Biblioteca do 6 a 11 de maio poderemos encontrar:
-Club de lectura: "Club de Lectura en Galego" presencial na Feira o mércores as 20:00 h. O resto dos clubs (Castelán, inglés, Portugués e Francés) serán invitados a visitar a feira.
-Visitas á Feria do Libro dentro do “Programa de Formación de Usuarios e Animación a Lectura para Centros Escolares” da biblioteca. As actividades faranse na carpa e d…