Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February 14, 2017

Hoxe 14 de febreiro destacamos... Maxina ou a filla espúrea

Imaxe
Maxina ou a filla espúrea

Otilia de Sancti Petri, unha rapaza de dezaseis anos nada nunha familia burguesa compostelá, tras ser violada, da a luz na casa duns labregos a unha nena á que chama Maxina. Inés e Caitán, os labregos, acabaron criando a Maxina xunto ao seu fillo Ermelio, ata que quedan orfos e pasan a servir noutra casa de labregos. De esa casa sácanos o señorito Salvio e o marqués de Tria-Castela, o primeiro infelizmente namorado de Otilia e o segundo de Maxina, da que non sabe que é a súa neta...


Un argumento fascinante para a considerada como primeira novela contemporánea en galego. Maxina ou a filla espúrea é unha novela romántica, escrita por Marcial Valladares en 1880, con episodios truculentos e un desenlace sorprendente.





Referencia: V-365(36)