Publicacións

Mostrando publicacións desta data: January 21, 2019

Biblioterapia. Lecturas saudables

Imaxe
A Biblioteca Pública de Pontevedra contará en breve cunha sección de Biblioterapia.



Lecturas terapéuticas  A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ​pon a disposición de todos os galegos e as galegas o proxecto Biblioterapia, lecturas saudables co obxectivo de axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar a través da lectura.
Trátase dunha lista de libros coidadosamente seleccionada, avaliada e validada por expertos tanto do eido sanitario como do literario-lector que pode ser empregada como apoio ou como complemento no seu tratamento, en grupos de lectura ou directamente polas persoas interesadas.

A idea inicial de poñer en marcha un proxecto de biblioterapia xurdiu durante unha colaboración da Consellería de Sanidade con pacientes afectados por depresión e as súas familias. Con este punto de partida, a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) comezou a traballar na articulación dunha iniciativa para r…