Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February 15, 2019

PASAPORTE DE LECTURA DAS LETRAS GALEGAS

Imaxe
Do 15 de febreiro ata o 15 de maio.


Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2019”? É unha actividade dirixida ós usuarios xuvenís e adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

Que teño que facer? Ler catro libros en lingua galega das seccións de novela, poesía, teatro, xuvenil ou cómic. Por cada libro que se lea, o persoal da Biblioteca porá un selo nun pasaporte.

Canto dura a actividade? Dende o 15 de febreiro ata o 15 de maio poderánse levar os libros en préstamo.
Que fago cando complete o "Pasaporte"? Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maio ás 12:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos. Non será necesario estar presente para recibir o premio, a Biblioteca contactará cos usuarios gañadores.
Cantos pasaportes podo completar? Non hai número limitado de pasaportes, pódense ler cantos libro…