xoves, 5 de outubro de 2017

Programación de actividades para o mes de outubro


  • Do 1 de setembro ao 24 de outubro: IV Certame de Relato Curto da Biblioteca Pública e Pontevedra Antonio Odriozola.  
             O fallo do xurado darase a coñecer o día 24 de outubro, Día das Bibliotecas.
           Bases: 
 
  • Do  6 ao 31 de outubro: Bibliotecas de película.
           Mostra de películas nas que saen bibliotecas e se mostra a profesión bibliotecaria.
           Para todos os públicos, na sala de exposicións da biblioteca.
           


  • 6 de outubro: “Contos que veñen e van”, a cargo de Pavís Pavós
           Para nen@s a partir de 3 anos, na sala infantil, ás 18.00 h.
           Entrada de balde ata completar aforo.

        



  •  Do 16 ao 31 de outubro: "Uns ratos con moito conto..."
           Selección de títulos de literatura infantil relacionados co libro, a lectura e as bibliotecas.
           Na sala infantil.


  • 20 de outubro: “Asociación de animais solidarios”,  a cargo de Trinketrinke Teatro  
Especial Día da Biblioteca, 24 de outubro
          
           Para nen@s  a partir de 3 anos, na sala infantil, ás 18.00 h.
           Entrada de balde ata completar aforo.




  • 23 de outubro:  Desafío exlibris: Deseña o teu propio selo en plena era dixital
          O obradoiro forma parte do proxecto "Ciencias humanas: Moito máis que letras".
           O obxectivo é achegar as ciencias humanas a mocidade a través da fabricación dun ex libris.
           Para público de 12 a 18 anos. 
           Impartido por persoal do CSIC.
           Gratuíto con inscrición previa. 

Acceso ao formulario de inscrición:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSczXFR8gDKCiSpFYVAFZjnTxbuSBW-KNWjtweyQeBo2SzW9JQ/viewform


 
 Ex libris

  • 27 de outubro: Contos para bebés “Un lobo con chupete”, a cargo de Bea Campos (Migallas)
          Para bebés de 0 a 3 anos, na sala infantil, ás 18.00 h.
          Será necesaria a inscripción previa e recollida de invitacións.
          Inscripcións a partir de luns 16, por tf 886159250 ou na biblioteca, na planta baixa.
          Máximo 25 bebés. Entrada de balde.



mércores, 4 de outubro de 2017

Aviso de peche para o sábado 14


O vindeiro sábado 14 de outubro,
 a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola 
estará pechada por mor de tarefas de desinsectación.

O depósito permanecerá pechado de día 16 ao 21 de outubro.
Só que poderá pedir a prensa desa semana.

Os pedidos de fondos con acceso restrinxido poderanse solicitar con anterioridade a eses días de peche.



Lamentamos as molestias que poidamnos ocasionar.


martes, 26 de setembro de 2017

O debuxante de soños contra a Mala Sorte



O venres 29 de setembro ás 18.00 h. na sala de obradoiros terá lugar a sesión de contos e obradoiro que leva por título: "O debuxante de soños contra a Mala Sorte", a cargo de Polo Correo do Vento.

Entrada de bale ata completar aforo.



Visitas escolares 2017/2018


As visitas escolares teñen como obxectivo dar a coñecer as posibilidades que ofrece a biblioteca para os nenos e nenas. 

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola ofrece un servizo de visitas escolares. Estas visitas escolares desenvolveranse en dúas convocatorias por curso. O prazo de inscrición para a primeira convocatoria será en setembro e o da segunda en xaneiro.


O número máximo de sesións (cada sesión ten un máximo de 30 escolares) será de tres por cada colexio.

 Os criterios que rexerán a concesión da visitas, serán os seguintes:
  • Na primeira convocatoria (setembro): 
  1. Por rigorosa orde de petición dende que a apertura do prazo de inscrición.
  • Na segunda convocatoria (xaneiro):
  1. Que non se teña desfrutado de ningunha sesión na primeira convocatoria.
  2. Por rigurosa orde de petición dende que a apertura do prazo de inscrición.
O programa de sesións dispoñibles no curso 2017/1018 pódense consultar no seguinte enlace: 



Centro de interese "Festival de Cine de San Sebastián"



Do 22 ao 30 de setembro celebrase a 65º edición do Festival de San Sebastián, un dos mais importantes festivais cinematográficos do mundo. 

Desde a biblioteca achegámosvos unha selección dos filmes gañadores da “Concha de Oro” e “Premio Especial do Jurado”. 

Hai películas para todos os gustos e que tocan todos os temas: dende a crise dunha parella na, xa convertida nun clásico, “Dous na carretera” a os estragos que as guerras causan en “As tartarugas tamén voan”, pasando por unha versión moi persoal dun conto clásico na orixinalísima “Blancanieves”.
 





martes, 19 de setembro de 2017

Clubs de lectura de Castelán, Inglés, Francés, Galego e Portugués para 2017-2018


A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha A NOVA  ETAPA DOS  CLUBS DE LECTURA.

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, francés, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo ou uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector

CLUBS LECTURA 
- GALEGO :  Xoves  alternos a partir do día 19 de outubro de 19:00 a 20:00 h.
- INGLÉS :  Martes  alternos  a partir do día 10 de outubro de 19:45 a 20:45 h.
- PORTUGUÉS:  Luns  alternos a partir do día 9 de outubro de 18:00 a 19:00 h.
- CASTELÁN: Todos os mércores a partir do día 11 de outubro de 17:00  a 18:00 h.
- FRANCÉS:  Martes alternos a partir do 17 de outubro de 19:00 a 20:00 h.



As inscricións a partir do 20 de setembro, mércores, na biblioteca, na planta baixa (Información) ou por teléfono (886 15 92 50)  dás 9:00 h ata completar as prazas.

luns, 18 de setembro de 2017

Actividades infantís para setembro

  • 22 de setembro, venres: Sesión de contos: “Contos encantados”, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)

     

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


  • 29 de setembro, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo: “Debuxante de soños contra a mala sorte”, a cargo de Polo Correo do Vento





Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo




Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...