Faladoiro arredor do libro “Senlleiras” de Antía Yáñez para público xuvenil e adulto.
O luns 22 de novembro ás 19.00 h.
Con inscrición previa a partir do xoves 11 de novembro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca.
Préstamo de libros, e-books, formación de usuarios, contacontos, obradoiros...
Faladoiro arredor do libro “Senlleiras” de Antía Yáñez para público xuvenil e adulto.
O luns 22 de novembro ás 19.00 h.
Con inscrición previa a partir do xoves 11 de novembro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca.
Obradoiro dirixido a nenas e nenos de 8 a 12 anos.
O venres 19 de novembro de 16.30 a 18.00 h.
Inscrición previa dende o mércores 10 de novembro ás 11.00 h. no formulario da páxina web da biblioteca.
Espectáculo para público familiar a partir de 6 anos.
Con inscrición previa a partir do xoves 11 de novembro ás 11.00 h. no formulario da páxina web da biblioteca. Cada persoa que inscribe pode anotar a varias persoas da mesma unidade familiar.
Hai dúas sesións a elexir:
Uso obrigatorio de máscara
O día 12 de novembro temos os obradoiros de mulleres científicas para rapazada de 6 a 12 anos.
Tes dúas sesións a elexir: Ás 17.30 h. ou ás 19.00 h.
Inscrición previa a partir do día 3 de novembro ás 11.00 h. no formulario da páxina web da biblioteca.
Bibliotecas para todas as persoas é unha mostra da Biblioteca Pública de Pontevedra, feita co gallo do Día das Bibliotecas que se celebrou o 24 de outubro, que pretende visibilizar iniciativas bibliotecarias pouco coñecidas.
A Biblioteca humana está deseñada para xerar ambientes positivos onde se poda conversar co obxectivo de romper estereotipos e prexuízos . É un lugar onde persoas reais se ofrecen como libros en préstamo aos lectores para contar as súas experiencias vitais. Calquera persoa pode ser un libro porque calquera de nós ten algo que contar a quen esté disposto a escoitar.
Esta iniciativa nace na cidade de Copenhague no 2000, da man dun grupo de mozos preocupados pola violencia na sociedade. O lema deste movemento é:
“ Non xulgues un libro pola súa cuberta”, que sería o mesmo que dicir non xulgues ás persoas polo seu aspecto.
As persoas hospitalizadas deben poden acceder á lectura independentemente da súa situación. As bibliotecas para pacientes teñen como obxectivos fundamentais: entreter ás persoas ingresadas e favorecer a súa recuperación.
O carriño das letras
O carriño das letras é un recurso do programa Saúde e Lectura da Rede de Bibliotecas para Pacientes, que funciona como biblioteca móbil, ofrecendo lecturas a pacientes encamados e aos seus familiares. Ademais serve para dar a coñecer todas as actividades que realiza a biblioteca.
A finais do século XIX abriron as primeiras escolas e bibliotecas nas cárceres de España. A estrutura actual das bibliotecas penitenciarias en España desenvolveuse na década dos 70 e a lei española esixe que tódalas institucións correccionais teñan unha biblioteca.
O dereito á información e á aprendizaxe é un dereito universal e aberto a toda a cidadanía, polo que as persoas privadas de liberdade teñen o mesmo dereito. A biblioteca de prisións convértese nunha parte importante de todo o ambiente carcerario no seu apoio aos programas educacionais, recreativos e de rehabilitación.
Lecturas abertas, portas pechadas: Trátase dun proxecto de colaboración entre a Biblioteca Provincial de Córdoba e o Centro Penitenciario de Córdoba.
As bibliotecas móbiles teñen como obxectivo levar a información e o coñecemento ata os lugares máis recónditos.
Os servizos bibliotecarios móbiles son necesarios porque eliminan barreiras xeográficas, sociais e económicas; fomentan a lectura en zonas rurais e desfavorecidas; favorecen a aprendizaxe; axudan a loitar contra a desinformación,...
Algúns exemplos de bibliotecas móbiles son: os bibliobuses, camións, lanchas, biblioburros ou biblioelefantes...
Se tes entre 8 e 14 anos, o vindeiro venres 5 de novembro de 18.00 a 19.30 h. poderás disfrutar dun obradoiro de robótica creativa.
As inscricións terán lugar no formulario da páxina web a partir do mércores 27 de outubro ás 11.00 h.
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...