Liberamos libros o venres 19 de xuño
Xa sabedes que na biblioteca Antonio Odriozola temos un lugar especialmente adicado para liberar e compartir libros, hoxe a partir das 10:00 horas no vestíbulo da entrada no stand de Bookcrossing
Las islas extraordinarias / Gonzalo Torrente Ballester
Un detective privado acepta o encargo de descubrir e desbaratar unha conxura que ameaza ao dtador dun minúsculo país formado por tres illas... este é o comezo da irónica fábula que se nos conta sobre o poder absoluto, ao que non escapaningún aspecto da sociedade militar, industrial, , cultural, sexual.
Los años indecisos / Gonzalo Torrente Ballester
Cara a 1930, cando o país está a punto de facerse republicano, un xoven galego busca inquietamente en qué emplear a súa vida. Soña con ser escritor, pero quedaráse en oscuro xornalista moi mal pagado... Só a súa decisisón final liberao de tanta mediocridade, en vísperas dun grande acontecimento político na España.
Historia de una cobardía / Graham Greene
Esta é a primeira novela de Graham Greene publicada en 1929, no mesmo tomo inclúense Expreso de Oriente de 1932, e Campo de Batalla de 1934.
El talento de Mr. Ripley / Patricia Highsmith
Quén é Tom Ripley? Un asasino? Un psicópata? A súa fria mirada agocha as máis terribles intencións e a súa mente calculadora maquina plans para escapar da policía. Recibiu o encargo de viaxar a Italia e convencer ao fillo dun adinerado empresario norteamericano para que volte á casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario