mércores, 9 de outubro de 2013

Dia da Biblioteca 24 de outubro de 2013. Actividades conmemorativas

A semana do 21 o 27 de outbro imos celebrar o "Día da Biblioteca" con interesantes centros de interese e exposicións, marabillosos contacontos e liberación de libros (bookroosing).

                            

 
                 Actividades conmemorativas do Día da Biblioteca 2013



A partir do dia 21 de outubro, luns :  


Centro de interese na sala infantil baixo o título "Historias de biblioteca"

     Selección de obras nas que o protagonismo o ten o libro e as  biblioteca, como nas entretenidas historias narradas en  "Matilda" de Roal Dalh o en "El secuestro de la bibliotecaria" de Margaret Mahy

     Lugar: Sala Infantil (1º andar)



Centro de interese para adultos adultos  baixo o título “Libros sobre libros”

     Selección de títulos da literatura universal nos que o universo dos libros e das bibliotecas centran a súa trama argumental.

    Lugar: Sala de Préstamo (2º andar)



Exposición: "A biblioteca pública e as súas ferramentas de traballo: pasado presente e futuro"
  
     Lugar: Sala de exposicións   (Hall de entrada) do 24 de outubro-15 novembro


24 de outubro, xoves:


Liberación de libros: bookcrossing

                                       
25 de outubro, venres:


Conta-contos: “Os Contos favoritos de Lonxedetodo”, a cargo de Trinketrinke Teatro

     Sinopse: Historias sobre as aventuras dos ratos da biblioteca, que proceden dun lugar chamado Lonxedetodo, onde os libros e a lectura ocupan un lugar sobranceiro na vida da comunidades

     Esta sesión de conta-contos ven acompañada dunha exposición bibliográfica (Do 24 de outubro ao 31 de outubro) na sala infantil que contén contos para nen@s de 3 a 8 anos, os contos preferidos dos ratos de Lonxedetodo

     Lugar: Sala infantil
     Público destinatario: Nenos@nenas a partir de 3 anos


26 de outubro, sábado. 
                                         

Presentación do libro PAN DE MILLO / Migallas Teatro, Dani Padrón, Paulo Nogueira, Carlos Yus. Kalandraka, 2013

     Sinopse: Migallas Teatro anima a cantar e bailar a toda a familia neste libro-disco ilustrado, con colaboracións de prestixiosos músicos galegos. Temas cotiás e ritmos diversos para practicar o xogo e a expresión dramática, recuperar a memoria dos maiores e potenciar o galego.

     Lugar: Salón de Actos
     Público destinatario: público familiar
     Hora: 12:00
     Entrada de balde, ata completar aforo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...