Como unha "Biblioteca quitapenas" máis na Biblioteca Pública dePontevedra, dende o próximo luns 16 de decembro de 2013 e ata o sábado 11 de xaneiro de 2014, "quitámosche as penas, e ti quítasllelas a outros". Farémolo coa posta en marcha da campaña "libros solidarios: Libros x alimentos" cambiando as sancións que contempla o noso regulamento, polos atrasos na devolución de libros e demais materiais, por produtos de primeira necesidade (alimentos non perecedoiros) que irándesinados ao Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra.
As sancións por atraso na devolución dos materiais levados en préstamo anularanse mediante a entrega polos usuarios de 1 quilo de alimentos non perecedoiros.
Pero non fai falta estar sancionado para participar neste proxecto solidario, polo que invitamos a todos os lectores que devolven en prazo os materiais da Biblioteca a sumarse a esta iniciativa, entregando tamén produtos de primeira necesidade xunto aos seus libors, DVs, Cds, etc.
A ONG Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra recollerá periodicamente os alimentos para a súa distribución entre os sectores de poboación máis afectados.
Con esta iniciativa a Biblioteca Pública de Pontevedra ao igual que outras moitas bibliotecas que apoiaron a iniciativa da Biblioteca Rexional de Murcia dende 2012 pretende facer unha chamada á solidariedade dos seus usuarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario