Martes 14. Ciclo de cine “Día da Arquitectura”, a cargo de Cine-Club Pontevedra.
17h.: Presentación
Antoni Gaudi, un arquitecto mesiánico . 52´. DVD. 2007Director: Gabriel Petit
Este documental iníciase na Barcelona en crecemento a finais do século XIX, cando Gaudi escomenza a súa carreira de arquitecto, convertíndose nunha lenda para a cidade.
Richard Neutra. VDL. Casa experimental . 45´. DVD. 2007. Director: Timothy Sakamoto
Este documental fala da casa deseñada no 1932 por Richard J. Neutra como estudio e vivenda. No 1963 a casa arde e foi reconstruída no 1966, incorporando parámetros de respeto ó medio ambente e de acordo coa industrialización dos elementos: custo, lixereza, transparencia e capacidade. Parámetros nos que Neutra foi pioneiro.
Luis Barragan. Casa estudio . 60´. DVD. 2010. Director: Rax Rinnekangas
Este documental describe a residencia e obradoiro do arquitecto no antigo barrio de Tacubaya na cidade de México, construída no 1948 e logo feita museo. Na actualidade é propiedade do goberno do estado de Jalisco e da Fundación de Arquitectura Tapatia Luis Barragán. No 2004 a UNESCO recoñeceu a casa como Patrimonio Cultural da Humanidade, considerada como obra mestra do desenrolo do Movemento Moderno, por integrar elementos tradicionáis e vernáculos, así como diversas correntes filosóficas e artísticas de tódolos tempos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario