Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October 27, 2014

Xornadas de formación para o uso de GaliciaLe.

Imaxe
GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.




        - Se xa tes carné de usuario da Rede de Biblitoecas de Galicia,          - estás en posesión do contrasinal que se che proporcionou co carné (se non a tes, creámola), -       -  e tes unha conta de correo electrónico asociada ao teu carné da biblioteca podes vir a xornadas de formación para o uso de GaliciaLe…
 Elixe a túa sesiónde mañá ou tarde e inscríbete en Información, no vestíbulo de entrada da Biblioteca.

Mércores 5 e 19 de novembro ás 12.00 h. (duración aproximada 1 hora)Mércores 5 e 19 de novembro ás 18.00 h.(duración aproximada 1 hora)
E poderás aprender
En que consiste …

Actividades Biblioteca Pública de Pontevedra. Novembro 2014-INFANTIL

Imaxe
Centro de interese "A ciencia é divertida" Disfruta durante a mes de novembro, mes da ciencia, das recomendación de lectura que sobre la ciencia te hace la biblioteca pública de Pontevedra Datas: mes de novembro Lugar: Sala infantil da Biblioteca Pública de Pontevedra
7 de novembro, venres: Contos + debuxo: “O campionato mundial de cociña, a cargo de Polo Correo do Vento
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos Lugar: Sala infantil Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar aforo
14 de novembro, venres: Contos para bebés “Palma repalma”, a cargo de Pavís Pavós
Sinopse:  Palma repalma, chica morena, como a queres, grande ou pequena?. Sesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas para bebés.

Público destinatario: Bebés (0-3 anos). Con inscripción e recollida de invitacións As inscricións a partir do 3 de novembro, luns na entrada da Biblioteca (Información), en horario de 9 a 21 h., por teléfono no 986 850 838 ou por correo electrónico na seguinte dirección: biblio.publica.pontevedra…

Actividades Biblitoeca Pública de Pontevedra. Novembro 2014- ADULTOS.

Imaxe
Areas mariña protexidas.  Exposición mes da ciencia.  "Áreas Mariñas Protexidas” é unha exposición elaborada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia” (CEIDA) coa finalidade de achegar este concepto ao público e á sociedade.

Coa realización desta exposición plantéxanse varios obxectivos:
- Dar a coñecer a figura das Áreas Mariñas Protexidas como eficaz estratexia de conservación do mar e o litoral.
- Sinalar o papel que cada un de nós, cidadáns de todas as idades, pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación, ou non, do mar.
- Problemáticas de conservación
- A pesca en Galicia
- As Áreas Mariñas Protexidas
Venres, 7, 14, 21, 28 de novembro. "Tardes de conversación en español para extranjeros=Tardes de conversa en español para extranxeiros" - Sensibilizar á poboación en xeral (ao público visitante) arredor da importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso espiritual, cultural e económico. Na exposición poderás at…

GaliciaLe dende hoxe nas bibliotecas públicas galegas... si tamén na Biblioteca Pública de Pontevedra!

Imaxe
GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.




En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.