xoves, 12 de febreiro de 2015

PASAPORTE DE LECTURA DAS LETRAS GALEGAS. Do 9 de febreiro ata o 14 de maio


Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2015”?
É unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

Que teño que facer?                   
Ler catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2015”, que contén unha selección de obras da literatura galega actual e que estará no segundo andar desde o día 9 de febrero ata o 31 de maio.

Canto dura a actividade?
 Dende o 9 de febreiro ata o 14 de maio.

Que fago cando complete o "pasaporte"?
 Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 15 de maio ás 18:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos.

Cantos pasaportes podo completar?
 Non hai número limitado de pasaportes.

Ler ten premio?
 Si, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...