A plataforma Galiciale incorpora novos recursos:
- Incorporación do libro interactivo Loboferoz ao catálogo do libro galego de GaliciaLe. Creado a partir do conto de OQO Editora, Loboferoz ten un formato enriquecido que ofrece funcionalidades como a lectura do propio conto, a visualización dun vídeo animado, a gravación polo lector de escenas teatrais cos personaxes do libro, a elaboración de cómics con eses personaxes ou a resolución de xogos e actividades lúdicas para varios tramos de idade.
Para gozar da interactividade de Loboferoz é preciso descargar o visor OQO, aplicación dispoñible na propia plataforma de libro electrónico GaliciaLe en versións adaptadas para diferentes dispositivos e sistemas operativos (tabletas e teléfonos Android, PCs con Windows, Linux e Mac OS X). O usuario poderá acceder á ligazón de descarga do visor así como ao manual desde a propia ficha do libro en GaliciaLe.
- Acceso a 34 libros da Universidade de Santiago de Compostela, cedidos por esta para a súa incorporación ao catálogo do libro galego de GaliciaLe. Inclúe 27 títulos en galego (obras sobre física, arte, historia etc.) e 7 títulos en castelán relacionados con Galicia (estudos xacobeos, historia de Galicia...).
Ningún comentario:
Publicar un comentario