Exposición "A
Aventura de Viaxar nos fondos da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio
Odriozola "
A viaxe, e a
necesidade de contalo estiveron sempre presentes nas sociedades humanas. Como
suxire Percy G. Adam xa nas prehistóricas sociedades de cazadores recolectores
existiría o relato oral das aventuras que supoñerían cada expedición para
abastecerse de alimentos, e seica un relato escrito na pedra en forma de
pinturas rupestres. Con esta exposición intentamos acercar aos usuarios unha
viaxe a través dos fondos da Biblioteca Pública de Pontevedra que nos levará
aos destinos máis diversos por interesantes rutas e itinerarios artístico,
fantásticos viaxes literarios, sorprendentes libros de viaxes e interesantes
viaxes de formación e descubrimento persoal. Unha interesante proposta para
viaxar sen saír da biblioteca.
Sala de Exposición da
Biblioteca Pública de Pontevedra
Do 1 de Agosto ao 15
de setembro de 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario