Tema:
Pontevedra como tema central e non simple contextualización
ou pretexto.
Obxectivo:
O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria
no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos
valores.
Participantes:
Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 14
anos.
Criterios de
valoración:
·
Orixinalidade no tratamento da temática proposta
e no emprego de técnicas e figuras literarias.
·
Uso correcto da gramática e da ortografía.
Condicións de
presentación das obras:
Cada participante poderá
presentar un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose
reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio
(publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.).
O idioma elexido pode ser o
galego ou o castelán.
A extensión máxima admitida é de
tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de
1,5.
Os traballos poderán presentarse
dun dos seguintes xeitos:
· Depositándoos no lugar habilitado no mostrador
de préstamo do segundo andar da Biblioteca. O relato presentarase sen asinar e
cun pseudónimo, introducirase nun sobre pechado. No exterior do mesmo o
participante deberá escribir "II Concurso de Relato Breve da Biblioteca
Pública de Pontevedra + o pseudónimo" e no seu interior, ademais da obra,
incluirá outro sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, teléfono,
DNI e correo electrónico).
· Enviándoos á Biblioteca por correo ordinario nun
sobre sen remitente no que conste "I Concurso de Relato Breve da
Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo". Nel incluirase o relato
breve e outro sobre pechado cos datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI e
correo electrónico).
Prazo:
O prazo de presentación vai dende o día 10 de setembro ata o
10 de outubro.
Premios:
1º premio: lote de libros.
2º premio: lote de libros.
3º premio: lote de libros.
Ademais os tres traballos serán difundidos na rede a través
da biblioteca.
Xurado:
Presidenta: A Directora da biblioteca.
Vogais: un técnico da biblioteca e un profesional da
literatura ou do mundo libreiro.
Secretario: un usuari@ da biblioteca.
Resolución e entrega
de premios:
A resolución do xurado farase pública o sábado 24 de outubro,
día das bibliotecas. A lista cos premiados será exposta no taboleiro de
anuncios da segunda planta na Biblioteca e a través da páxina web da Biblioteca.
Ademais, comunicaráselles ós gañadores.
Os traballos gañadores (e, no seu caso, aqueles que o xurado
considere máis interesantes de entre os non premiados) poderán ser expostos na
Biblioteca e en diferentes canais da Biblioteca en Internet.
expostos na
Biblioteca e en diferentes canais da Biblioteca en Internet.