Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February 12, 2015

PASAPORTE DE LECTURA DAS LETRAS GALEGAS. Do 9 de febreiro ata o 14 de maio

Imaxe
Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2015”? É unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.
Que teño que facer?            Ler catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2015”, que contén unha selección de obras da literatura galega actual e que estará no segundo andar desde o día 9 de febrero ata o 31 de maio.
Canto dura a actividade?  Dende o 9 de febreiro ata o 14 de maio.
Que fago cando complete o "pasaporte"?  Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 15 de maio ás 18:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos.
Cantos pasaportes podo completar?  Non hai número limitado de pasaportes.
Ler ten premio?  Si, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.