Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September 10, 2015

BASES DO II CONCURSO DEBASES DO II CONCURSO DE RELATO CURTO BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA ANTONIO ODRIOZOLA

Imaxe
Tema: Pontevedra como tema central e non simple contextualización ou pretexto.
Obxectivo: O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.
Participantes: Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 14 anos.
Criterios de valoración: ·Orixinalidade no tratamento da temática proposta e no emprego de técnicas e figuras literarias. ·Uso correcto da gramática e da ortografía.

Condicións de presentación das obras:
Cada participante poderá presentar un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.).
O idioma elexido pode ser o galego ou o castelán.
A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1,5.
Os traballos poderán presentarse dun dos seguintes xeitos:
·Depositándoos no lugar h…