O 11 de xaneiro as biblbiotecas públicas celebran o "Día
do usuario das bibliotecas":
- Visita guiada pola biblioteca ás 11:30 h
- Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o Día do Usuario para todos os lectores que se acheguen á Biblioteca Pública de Pontevedra a celebrar esta conmemoración:
- Nomeamento de tres superlectores adultos e catro superlectores infantís.
- Socio de Hora
Adulto: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros
prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais
(música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola)
- Socio de Honra Infantil: ata 20
exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais
especiais e 6 publicacións periódicas prestables.
Todos os usuarios poderán solicitar
ese día 2 obras en préstamo intrabibliotecario.
A condición de Socio de Honra terá
unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario o 11 de xaneiro de 2017.
Serán os nosos Socios de Honra para o ano 2016 os 4 usuarios
infantís e 3 adultos con máis préstamos no 2015, os “superlectores”. Parabén!
Nomeamento de Socios de Honra:
O luns 11 de
xaneiro as 18:00 farase entrega aos Socios de Horra dun diploma e un lote de
libros.
O nomeamento durará 1 ano, ata o vindeiro día do usuario
2017, e lles dará a opción aos agraciados de levar máis obras en préstamo que o
habitual durante este ano: 10 libros prestables de adultos e/ou 10 libros
prestables infantís, 6 materiais especiais e 4 publicacións periódicas
prestables; e en total, ata 25 obras o socio de honra adulto e 20 obras o socio
de honra infantil.
O superlector conservará o mesmo carné
físico que xa posúe, e non precisa cambialo. Se durante o ano, o superlector
infantil cumprise a idade de cambio para lector adulto, cambiarase o seu tipo
de carné a socio de honra adulto ata finalizar o ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario